Un dos mellores motores de busca que existe na actualidade, Google, vén de ser traducido ao galego por Luís Touriñán. As páxinas de axuda aínda non están na nosa lingua, pero nesta web de Galego21.org achégannos unha traducción, onde se dá conta de como cambiar a lingua de Google para que apareza dende o comezo en galego. Hai unhas semanas tamén recibiamos a noticia de que Altavista España tamén se pode consultar no idioma do país.
.