Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Temos o 64% do PIB per cápita media da UE

O Eurostat (Oficina de Estatística da UE) vén de publicar os datos do PIB per cápita das rexións europeas en relación coa media da UE. E, como poden imaxinar, Galicia forma parte das zonas menos desenvolvidas, con tan só un 64% da media europea. Se alguén se quere consolar con datos alleos, hai -efectivamente- outras moitas rexións con menos diñeiro por cabeza. A máis pobre é Ipeiros (Grecia, 42%), seguida de Estremadura (50%), pero hai outras 46 cunha renda inferior ao 75% (que a UE identifica como 'pobres'): 11 das 13 rexións gregas, 5 das 7 portuguesas e oito españolas, 7 alemanas, 5 italianas, 4 no Reino Unido, 4 en Francia e cadansúa en Austria e Irlanda. Nestas rexións viven 71 millóns de persoas, un quinto da poboación europea. Pola contra, a zona máis rica de Europa segue a ser Inner London, cun 243%, seguida de Hamburgo (Alemaña), co 186%. Nesta web poden atopar un resumo, coa opción de baixar o documento (en PDF) con todos os datos, rexión a rexión.

- 13:40 26/02/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: