A Estación Espacial Internacional poderá divisarse en Galicia en varios momentos concretos entre hoxe e o vindeiro sábado, segundo informou o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago. A estación pasará sobre ceo galego cunha elevación considerable sobre o horizonte, o que favorecerá a súa visión. Ademais, o seu brillo é tamén óptimo para o seu seguemento, sempre que o ceo estea libre de nubes. Poden consultar os horarios de visión nesta web da USC. Claro que se non se lembran de mirar ao ceo, poden vela tamén dende estoutra web.
.