Un novo virus ameaza os xestores de correo de todo o mundo. Chámase 'Anna Kournikova' e estase a estender máis rapidamente que o 'Love Bug', o virus estrela do ano pasado que infectou 15 millóns de computadores. Este novo 'verme' chega por correo electrónico e no asunto pon "Here you have, ;O)", mentres que na mensaxe lese: "Hi: Check This" e inclúe un anexo cun script en Visual Basic: "AnnaKournikova.jpg.vbs". Con ese nome preténdese atraer ao público masculino para que baixe unha imaxe da tenista máis 'sexi'. E como a Kournikova, este virus chega facendo moito ruído e atraendo moita atención pero ao final non fai nada: ao premer no documento anexado o virus esténdese vía e-correo a todos os enderezos do libro de contactos de Outlook, pero sen chegar a destruír nada. Poden obter máis información nas webs das empresas de seguridade McAfee ou Panda Software.
.