Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Polbos de batea.

Onte comenzou na ría de Vigo o primeiro plano experimental de cultivos de polbo en bateas. O Conselleiro de Pesca Amancio Landín, botou á ría os seis primeiros cefalópodos. O obxectivo deste experimento, e conquerir especies máis grandes e unha reprodución máis rápida.

- 08:55 24/02/1999
Tags:

O proxecto que se desenvolve a iniciativa da Asociación de Naseiros San Bertolameu, está financiado nun 60 por cento pola Xunta de Galicia e, o resto, pola própria asociación. O Conselleiro de Pesca, declarou que este tipo de iniciativas, permitirá optimizar os recursos existentes e que isto é, un dous principais obxectivos das autoridades pesqueiras. A idea, xurdiu do própio sector productor e por elo, segundo o Conselleiro de Pesca, o seu departamento quixo chegar o límite permitido na concesión das axudas. Oito biólogos encargaranse nos próximos meses de optimizar o cultivo dos polbos, unha experencia que xa se ten desenrolado con éxito noutras rías galegas, ainda que non pola iniciativa pribada. Os polbos, duns 750 gramos cada un, depositanse nunhas gaiolas. As femias son separadas dos machos para que se alcancen mellores pesos pero, tamén contan con gaiolas onde se misturan os sexos coa fín de experimentar coa reprodución. Despois desta experencia o Conselleiro de Pesca, ten previsto crear unha comisión para elabourar un novo plan de cultivo consesuado por tódalas partes implicadas. O titular de pesca subliñou tamén que dependendo do éxito do experimento poderían concederse máis axudas para cultivar polbos ainda que, non se autorizarán novas bateas ata que se estudien os resultados do proxecto experimental.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: