Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Laxeiro xa ten Fundación

A Fundación Laxeiro, quedou onte constituida tra-lo asinamento dos estatutos que tivo lugar no Pazo Quiñones de León. No acto estivo presente o alcalde Manuel Pérez, o rector da Universidade de Vigo e o director Xeral de Caixavigo. No Comité de honra deste patronato figura o Presidente da Xunta, Manuel Fraga, que non pudo acudir ó acto. Para a creación desta fundación o concello aportou 70 millóns de pesetas e, os familiares do pintor obxectos personais e algún cadro do artista.

- 08:55 24/02/1999
Tags:

Coa sinatura dos estatutos celebrada no Pazo Quiñones de León, comenza a súa andaina dun xeito oficial, a Fundación Laxeiro. Neste acto estiveron presentes o alcalde, Manuel Pérez, representante do concello no patronato, o director Xeral de Caixavigo, e mailo rector da Universidade, Domingo Docampo. Non acudiron, nin o Presidente da Xunta, Manuel Fraga nin, o Conselleiro de Cultura Pérez Varela, representante da Xunta no patronato. A fundación, cumpre un dous mais grande desexos do pintor e facilita a pervivencia da súa obra de cara ó futuro. No acto da sinatura, o Presidente da Real Academia, Francisco Fernández del Riego, fixo unha breve semblanza tanto persoal coma profesional do artista do que se declarou admirador e, co que tiña unha forte amistade. Del Riego, calificou a Laxeiro coma un artista sen teorías e que traballaba por instinto. Pola súa banda, o alcalde Manuel Pérez, que presidiu o acto, subliñou que o obxectivo desta fundación e a difusión do legado deste artista internacional. O concello vigués, aportou 70 millóns de pesetas para esta fundación tras, terse resoloto os problemas legais que durante anos, impediron a realización deste proxecto. Rematada a sinatura do convenio pola que se creaba esta fundación, os representantes oficiais e mailos amigos do pintor, trasladaronse á Casa das Artes, onde tivo lugar unha homaxe que conincidiu co cumpreanos do artista. A entrada da Casa das Artes, o alcalde Manuel Pérez e maila viuva do pintor, Mari Cruz Otero, descubriron unha praca conmemorativa. Os participantes subiron logo ás salas que acollen a exposición permanente do pintor onde o alcalde, a concelleira de cultura, Maite Fernandez e o neto de Laxeiro, Carlos García, como representante da familia; pronunciaron unhas palabras. A familia donou para esta fundación obxectos personais do pintor, entre os que se atopan a medala Castelao e o Pedrón de Ouro entre outros.A doación, tamén inclúe dúas carpetas de grabados e dous retratos. Tamén, o escultor Suso Vázquez cedeu un busto de Laxeiro, semellante ó que se atopa á entrada da Casa das Artes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: