As costas galegas son lugar de paso para todo tipo de transporte marítimo. Tamén para aquelas embarcacións que trasladan material nuclear. Greenpeace alertou de que por Galicia vai pasar o cargueiro 'Pacific Pintail', que saíu xa do porto francés de Cherburgo (Francia) para transportar 230 quilogramos de plutonio (combinado con óxido de uranio) ata Xapón. Trátase dun dos transportes nucleares máis perigosos da historia: segundo esta organización ecoloxista a radiactividade deste cargamento é case sete veces superior á contaminación emitida polo accidente de Chernobil. Ningún dos gobernos -francés, británico e xaponés- ou das empresas involucradas- quixo dar información sobre a data de saída deste barco. Pero só pode seguir tres rotas e todas pasan polo Golfo de Biscaia e logo por Galicia: Canle de Panamá, Cabo de Fornos (Arxentina) ou Cabo de Boa Esperanza (África). Greenpeace Arxentina e Greenpeace Australia está tamén a levar a cabo senllas campañas en contra do paso deste material polas súas augas.
.