Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Agustín Arca quere unha nova ponte na ría.

Unión Galega, o partido liderado por Agustin Arca, vai solicitar a creación dunha nova ponte que comunique Vigo coa península do Morrazo e, pola que os usuarios non teñan que aboar cartos. A creación desta nova ponte sobre a ría, ven de coincidir no tempo coa oferta feita polo presidente da Deputación, Manuel Abeledo, que plantexou a posibilidade de que o organismo provincial poida dispor de 1.000 millóns de pesetas para abaratar o custo da peaxe da autoestrada na súa comunicación entre o Morrazo e Vigo.

- 00:57 24/02/1999
Tags:

A ponte de Rande é un dos tramos máis utilizados polos habitantes das dúas márxes da ría. Moitos deles traballan nun lado e residen no outro e a peaxe faise obrigatoria se non se quere empregar longo tempo nun vehículo e varios kilómetros. A gratuidade deste tramo e o obxetivo das organizacións "Anti-peaxe" que ven de realizar accións de protesta por sorpresa como a da derradeira fín de semana no que decidiron pagar a peaxe peseta a peseta e que orixinou longas colas nas saídas e retencións no tráfico. A proposta de Agustín Arca e do seu partido basease no platexamento de que e o Ministerio de Fomento o titular das estradas nacionais N-550 Vigo-Pontevedra, que bordea a costa sur da ría e, da N-554 que desde Arcade e por Vilaboa, vai parella á costa na zona norte. Arca e maila súa equipa própoñen unir ámbolos dous viais cunha ponte de circulación de balde para que os máis de 400.000 habitantes das dúas márxes da ría poidan comunicarse con máis facilidade. Agustín Arca propón xestionar ante o Ministerio de Fomento, a construcción dunha ponte que teña os seus extremos na Punta da Guía e na Punta Arroás, acurtando así o percorrido actual de 38 kilómetros a soamente dous, que sería a lonxitude deste paso elevado. Mentres a obra ten lugar, Arca propón xestionar ante o Goberno de Madrid unha solución provisoria que consistiría na utilización libre e de balde da actual ponte de Rande.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: