O Concello de Vigo vai crear un museo virtual en Internet coas fotografías do Arquivo Pacheco. Esta web percorrerá a historia da cidade a través dunhas 110.000 imaxes do máis importante arquivo fotográfico de Vigo, aínda que non se descarta incluír máis coleccións, como a do fotógrafo Ángel Llanos e outros autores vigueses contemporáneos. A realización está pendente de adxudicar a unha empresa e conta cun orzamento de 19 millóns.
.