A Plataforma Antifascista de Solidariedade Con Mumia Abu-Jamal convoca varios actos de apoio con este xornalista e activista afro-americano condenado a pena de morte pola temible xustiza dos EEUU...
Leva 16 anos esperando a morte nun cárcere de Pennsylvania. O xornalista Mumia Abu-Jamal foi acusado de asasinato en 1981, cando chegou á súa casa e atopou a un policía golpeando ao seu irmán. Segundo as testemuñas, dous homes fuxiron da escena. Mumia foi gravemente ferido pola policía e, tras un xuízo onde reclamou a súa inocencia, onde non se lle permitiu escoller defensa legal, onde se limitaron os recursos para obter testemuñas e de onde foi expulsado a meirande parte do tempo, foi condenado a pena de morte. Esta sentencia podería ser executada o vindeiro mes de maio, si é firmada polo gobernador do estado de Pennsylvania.
Mumia Abu-Jamal uníuse ao Partido das Panteras Negras, unha organización revolucionaria afro-norteamericana, cando estudiaba na escola superior en Filadelfia. Tras deixar as Panteras Negras, traballou como xornalista, dándose a coñecer pola súa defensa dos pobres e polos seus informes sobre a brutalidade policial nos EEUU.
Na actualidade, os EEUU ten o número máis alto de persoas esperando execución, a maioría deles negros, latinos ou indíxenas. Con estes datos, EEUU achégase, en canto a poboación non branca encadeada, aos niveis do réxime surafricano nos seus días escuros de apartheid.
A Plataforma Antifascista de Solidariedade con Mumia Abu-Jamal convoca unha manifestación para o sábado 30 de abril, ás 18:00 horas, De Tirso de Molina a Atocha. O sábado 1 de maio, concentración de 12 horas na Plaza Maior, a partir das 15:00 horas, con teatro e actuacións musicais. E o sábado 8 de maio, concentración na Plaza de la Villa, ás 18:00 horas.
Para máis información sobre o caso de Mumia Abu-Jamal:
www.mumia.org
www.peoplescampaign.org