Se hai 25 anos morría un 'zombi', agora nunha aldea de Brión (A Coruña) apareceu un enorme buraco duns 25 metros de diámetro que ten pampos a todos os veciños. Árbores tumbadas, chan arrasado... "o fenómeno", como o chaman os do lugar, seica apareceu o 5 de novembro, cando aseguran que se ouviu un ruído moi forte. Se cadra algo ten que ver co finadiño Francisco Franco, pero nós non sabemos moito desas cousas. Sobre parapsicoloxía, ovnis, crimes sen resolver e paranoias varias, dende A Coruña chéganos Mundomisterioso.com, un interesante portal sobre o lado escuro do ser humano...
.