A Federación Ecoloxista Galega (FEG) mostrou o seu rexeitamento á apertura de novas canteiras no interior dos espacios de interese natural do Caurel, no concello de Quiroga. Esta organización lembra que a zona está incluída na proposta da Xunta para a Rede 2000, a futura rede de espacios protexidos da UE. Así, esíxenlle á Consellería de Medio Ambiente que impida estas novas canteiras de lousa, e que dote a serra de protección legal e de instrumentos de planificación axeitados.
.