Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Igadi presenta o seu novo 'Tempo Exterior'

Acaba de saír o número un da revista Tempo Exterior, segunda época, publicada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). A iniciativa pretende achegar á sociedade galega reflexións e análises de temas internacionais de certa actualidade e proxección. Neste primeiro número preséntanse dous eixos temáticos principais. O primeiro, arredor da pesca, afonda na situación en Marrocos, no Sáhara Occidental e acompaña unha entrevista co Presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, o eurodeputado galego Daniel Varela. O segundo céntrase en Europa, nos problemas do alargamento e as súas consecuencias para Galicia (da man dos eurodeputados Rosa Miguélez e Camilo Nogueira), cunha aproximación a situación política dun dos países candidatos á ampliación e un balance da guerra de Cosova.

- 12:39 14/11/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: