O goberno militar de Myanmar, antes Birmania, está entre a lista dos 20 maiores inimigos da Internet, realizada por Reporteiros sen Fronteiras. A dictadura deste país asiático ten expresamente prohibido o uso de Internet entre os seus cidadáns. Iso por non falar dos prisioneiros políticos (ver informe de Amnitía Internacional) ou do control de todo sistema de comunicación no país. Alí todo se grava: as conversas telefónicas, os faxes, os módems, os computadores... todo está rexistrado polo goberno. Só hai unha axencia de novas (do goberno, por suposto) e non utilizan computadores, só máquinas de escribir. O uso destes sen permiso pode levarte ao cárcere por 15 anos aquí poden ver a lei que o regula). A única web oficial sobre o país é Myanmar.com, pero fóra del, a diáspora mantén algunhas webs, como FreeBurmaCoalition.org, BurmaNet News dende Xapón ou Burma Project.
.