O obradoiro artesán Musical JR vén de presentar a súa web, dende a que pon á venda os seus productos. Gaiteiros e percusionsitas de todo o mundo están de sorte. Agora xa poden mercar gaitas, pandeiretas, pandeiras, pandeiros de peito, charrascos, tambores, bombos e mesmo bodhran irlandés. Todos eles son feitos a man e utilizando materiais naturais. A tenda é propiedade dunha familia da Costa da Morte que leva anos dedicada á fabricación de instrumentos tradicionais. Atenden encargos e cóntannos a historia e características destes obxectos.
.