Baixo o título xenérico de Vida natural terá lugar no Auditorio de Caixa de Pontevedra unhas xornadas sobre o naturismo, dirixidas polo naturista catalán autor de varias obras sobre saúde, Joan Amigó. Ata o vindeiro mércores analizarase na capital da provincia os efectos da saúde, a natureza e a cultura dese unha óptica diferente.
O naturismo, desde o punto de vista que simboliza a ciencia e a arte da vida humana, a alimentación natural e o comportamento existencial serán analizados en Pontevedra ata o vindeiro mércores nunha serie de conferencias a cargo de coñecidos naturistas, que terán lugar a partir das catro da tarde no Auditorio de Caixa de Pontevedra.
Segundo Joan Amigó, organizador das xornadas Hoxendía, os medicamentos que damos os naturistas non son difíciles de atopar. Recomendamos moitas cousas que non fai falle ir a unha tenda para conseguir.
O naturista catalán recomenda comer de todo, de modo san, natural e equilibrado, facer exercicio con moderación, realizar boas respiracións e, en xeral levar unha vida san. O que nós recomendamos é compatible con todo. Facer unha vida san beneficia a todos en todo. Non é contraproducente para nada utilizar medicinas naturais despois de tomar outro tipo de medicamentos que leven substancias químicas, indicou Joan Amigó.