Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Unha telenovela entre uvas de Albariño

Hoxe comeza na TVG a emisión de "Rías Baixas", unha serie de televisión de formato e contidos próximos á clásica telenovela venezolana. Producida por Zenit Multimedia e Costa Oeste Produccións, trátase dunha historia de amores e enrevesadas xenreiras que transcorre na comarca do Salnés (en Cambados, concretamente), no seo de familias propietarias de adegas de viño. Inicialmente haberá vintedous capítulos dunha hora de duración, que se emitirán semanalmente. Protagonizada por caras tan coñecidas como Sonia Castelo, Tacho González ou Toñito de Poi, esta serie é a versión galega de "Nissaga de poder", un culebrón sobre as familias do cava que leva anos na grella de TV3 e que está producida por Diagonal TV, filial de Gestmusic. A cousa parece que promete: ás 22.10 haberá unha reportaxe sobre a producción e ás 22.30 será a estrea...

- 09:29 05/10/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: