O 4 de setembro púxose en marcha unha campaña de recollida de sinaturas por unha Internet accesible para todos. Esta acción pretende esixirlles aos organismos pertinentes que se garanta que a rede resulte accesible tamén para os discapacitados. Está promovido por Sid@r.org, o Seminario de Iniciativas sobre Discapacidade e Accesibilidade na Rede. Tamén hai outros xeitos de colaborar: poñendo un 'banner' na túa web ou enviando postais virtuais. En Portugal existe unha web moi similar, Acessibilidade.net, que reclama os mesmos dereitos.
.