Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Lecer » Música » Festivais e concertos
..................................................

50 recursos (21 a 40)

Festigal
Festival organizado polo BNG durante os días 24 e 25 de xullo. Música, literatura, debate e exposicións.

Basandere Metal
Guía de concertos de heavy metal na Coruña e os seus arredores. A web achega información sobre grupos locais e conta cun taboleiro de anuncios.

Festival Celta de Ortigueira
Información sobre o Festival do Mundo Celta de Ortigueira no portal Ourensenet.com. A web inclúe referencias á historia e situación do concello no que se celebra.

Festa dos mundos
Web oficial do Festival A Festa dos mundos, que tivo lugar en Coruña no ano 2004.

Festival Taíña
Festival de música en Goián. Como chegar, grupos participantes, características do recinto e venda de produtos do festival.

II Festival da Terra e da Lingua
Web deste festival de música, teatro, literatura e xogos na súa segunda edición, que ten por obxectivo a defensa da lingua e a cultura galega. A páxina ofrece información sobre o seu programa de actividades.

Malpica noite rock
Programa da V edición do Malpica noite rock, con información dos grupos participantes e letras das súas cancións.

Música propia
Negocio que xestiona a contratación de grupos musicais e organiza concertos e espectáculos, ademais de alugar material (equipos de son, iluminación, escenarios...). Descrición dos servicios e fichas dos grupos.

Karraskal Rock
Festival organizado no barrio vigués de Zamáns coa vocación de dar a coñecer grupos novos.

Festival de Jazz de Lugo
Certame que se celebra anualmente en Lugo. A web recolle o programa e os carteis de todas as edicións.

III Festival da Terra e da Língua
Certame de música, teatro, debate e exposicións organizado pola Fundación Artabria en Narón, en xuño de 2003. Inclúe o programa detallado de actos.

Foliada de Lalín
Festival de música que se celebra en xullo en Lalín. Programación e contacto.

Festival Cultura Quente
Festival que se celebra na carballeira de Caldas de Reis no mes de xullo. Programación, fotografías e foro.

Ortigueira Rock
Festival rock de Ortigueira. Alternativa de lecer que se creou no ano 2005 en Ortigueira. Axenda de concertos, foro e grupos e fotografías de edicións anteriores.

Nabiza Rock
Cita lúdico musical nas Pontes.

Revoltallo
Festival de música emerxente que se celebra en Valladares, Vigo. Carteis, programa, álbum de fotos e foros.

Festimal
Festival rock celebrado en Cedeira en xullo de 2003. Programación, aloxamento e merchandising, entre outros recursos.

Santirock 2000
Festival de rock celebrado en Santiago en xullo de 2000. Programación, concursos, información sobre aloxamento...

Santirock 03
Festival de rock celebrado en Santiago en novembro de 2003. Programa de concertos, lugar de celebración, entradas...

Festival do Norte
Web deste festival de pop e rock, que vai ter lugar en Vilagarcía en maio. Está en construción e polo de agora non achega máis cás datas.

Anteriores (1 a 20)Seguintes (41 a 50)

 







 ENVIAR

© Vieiros