Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Lecer » Música » Festivais e concertos
..................................................

50 recursos (1 a 20)

Festival Celta de Ortigueira
Case cen mil espectadores no ano 2004. Segundo os organizadores: “72 horas de xullo cheas de música en liberdade. Unha mestura salvaxe de tribos, natureza e festa”. Na web, a programación e información útil para asistir a este festival. Tamén inclúe seccións dedicadas á mitoloxía celta, hemeroteca e os carteis do certame e a súa historia.

Imaxina Sons
Festival Internacional de Jazz promovido polo Concello de Vigo e celebrado na devandita cidade entre o 15 de xuño e o 2 de xullo de 2006. Novas, programa, edicións anteriores, sección de prensa e de ligazóns de interese e información da Imaxina Jazz Orquestra.

XX Festival Intercéltico
Web do Festival Intercéltico de Moaña, con información sobre a programación da XX edición, sobre a historia do festival e sobre a vila.

Sons da diversidade
Ciclo de músicas do mundo que organiza a Concellería de Cultura de Compostela dende o ano 2004. Programación, postais, venda de entradas e información sobre edicións anteriores e vindeiras.

Festival Mozart
Festival coruñés adicado a Mozart. Calendario e información sobre as óperas e concertos programados, os intérpretes e a venda de entradas.

Movida Galega
Páxina que trata todo o relacionado coa "movida nocturna" en Galicia. Inclúe apartados de festas, concertos, grupos, locais ou discos.

Felipop
Páxina deste festival que se celebra na parroquia fenesa de Limodre e na que se pode atopar información do programa do certame e outros datos sobre o Felipop e a vila en que se celebra. Organízao a asociación Felicia. Cartel, obxectivos e instalacións.

Break Point
Empresa dedicada a organizar viaxes a concertos. Ofrecen servicio de desprazamento de ida e volta ata o lugar do evento. A súa web permite realizar reservas en liña.

Festa da carballeira de Zas
Festival de música folc que se celebra cada ano en Zas (A Coruña). A páxina ofrece información sobre a historia deste certame e permite consultar os carteis de anos anteriores.

Musicañiza
Festival de música electrónica que se celebra na Cañiza na primeira quincena de agosto. Información sobre os grupos e dilleis que tocan, sobre as actividades paralelas, acceso e posibilidade de mercar entradas.

Galician Tunes
Proxecto promovido polo IGAEM para a promoción da cultura musical galega na feira internacional de música MIDEM, que se celebra o 21 e 25 de xaneiro de 2007 en Cannes. Historia da música galega e cancións para descargar dos grupos participantes.

XVIII Festival Intercéltico do Morrazo
Web desta popular xuntanza da música celta, con información do programa de actuacións.

Festa da carballeira de Zas
Programa da última edición deste festival de música folk. Inclúe un apartado sobre a súa historia.

Revoltallo
A web oficial do Festival de Música Emerxente de Valadares.

Verónica Codesal: Eurovisión 2003
Especial informativo realizado por Vieiros con motivo da participación da galega Verónica Codesal no festival Eurovisión 2003, representando a Bélxica, o país no que reside. Biografía, datos sobre o festival e o sistema de puntuación e ligazóns.

Ano da Música
Programación especial do Concello de Pontevedra con motivo do centenario da gravación do primeiro disco galego, o do coro 'Aires da Terra' en 1904. Axenda e noticias.

Jazz Pontevedra
Web da XII edición do Festival de Jazz de Pontevedra, correspondente a 2004, con información sobre os artistas que participaron, o festival e unha galería de fotos.

PopXiriaPop
Festival PopXiriaPop que anualmente se celebra en Carballo no mes de setembro. Información sobre os grupos participantes, eventos do festival, aloxamentos na zona e seccións para a prensa e ligazóns de interese.

Noite Celta
Web do festival de música folc Noite Celta, con información sobre o seu cartel de actuacións. A páxina informa ademais dos accesos, zonas de acampada e aparcadoiros.

Certame nacional de acordeón
Concurso musical que se celebrou en maio de 2002 no mosteiro de San Clodio, no concello ourensá de Leiro. Descrición histórica do contorno, bases do certame e calendario de actividades.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros