Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Goberno » Xunta » Organismos autónomos
..................................................

28 recursos (1 a 20)

Rede galega de información e documentación xuvenil
Directorio de recursos relacionados, entroutros contidos, co emprego, tempo libre, cultura, sexualidade ou axudas.

Instituto Galego da Vivenda e do Solo
Web oficial deste organismo autónomo encargado da execución da política de vivenda, solo residencial e solo empresarial da Xunta de Galicia. Con información actualizada sobre vivenda, parques industriais, novos investimentos, estudios urbanísticos, etc.

Consello da Cultura
Historia, lexislación, boletín de novidades, axenda, xornadas e congresos, exposicións, convocatorias, mediateca, arquivos e proxectos deste órgano consultivo da Xunta.

Igape
Páxina do Instituto Galego de Promoción Económica, un organismo que intenta fomentar o investimento en Galicia e apoiar a iniciativa privada. Inclúe abondosa información sobre Galicia tanto en termos xeográficos e culturais coma económicos.

Consello de Contas
Ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego. Inclúe as novidades e informes e lexislación vencellados.

SGI
Subvencións, publicacións, proxectos e formación entroutros contidos. Información do Servicio galego de promoción da igualdade do home e da muller.

Cidade da Cultura
Web do macroproxecto cultural do Monte Gaiás que vai realizar o arquitecto Peter Einsenman. A páxina contén información arredor da fundación, dos seus edificios, dos proxectos presentados por diferentes arquitectos e do estado das obras e ofrece tamén seccións de servizos e de novas.

Observatorio da calidade
Web dirixido ás empresas, organizacións e persoas interesadas nos principios, obxectivos e técnicas en materia de calidade. O sitio web enmárcase, xunto con outras iniciativas, dentro do portal contextual da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Observatorio, bases de datos,información sobre axudas, premios, proxectos e formación.

CIC-Commerce
Proxecto para a articulación de accións dirixidas á sensibilización das micro-pemes cara os procesos de innovación e de incorporación das novas tecnoloxías. Obxectivos, colaboradores, informes e noticias.

Instituto Galego de Consumo
Web oficial deste organismo autónomo da Xunta que se dedica a defender os dereitos dos consumidores. Pódense facer reclamacións en liña e conseguir información sobre todas as entidades administrativas que teñen que ver coa protección do consumidor.

SOS Galicia
Servizo de atención de chamadas de urxencia e emerxencia de Galicia. Na web poden consultarse novas dos últimos sucesos na comunidade, estatísticas, lexislación e documentos con recomendacións de protección civil. Explica tamén o seu funcionamento e servicios.

Secretaría Xeral de I+D
Web da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia. Inclúe, entroutros contidos, información sobre resolucións, convocatorias e concursos.

Consello Económico e Social de Galicia
Web deste órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia socioeconómica, con información sobre as súas funcións e competencias e cun índice dos informes, dictames e memorias que emite.

Observatorio Innovación
Iniciativa promovida pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio integrada no COG, creada co obxectivo de dar a coñecer ás comunidades científica, tecnolóxica, empresarial, á administración e á sociedade galega en xeral a importancia da innovación para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Observatorio, servizos, estatísticas e novas.

Instituto Galego de Estatística
Web oficial deste organismo da Xunta adicado a plasmar en cifras a realidade galega. Na web pódense atopar datos económicos, demográficos e sociolaborais.

EGAP
Escola Galega de Administración Pública. Conta cun servicio de biblioteca, catálogo xeral de publicacións e un taboleiro de anuncios.

Galicia 2010
Proxecto de investigación que analiza a orientación económica e social de Galicia. Trata aspectos coma o traballo, o comercio, a industria, o turismo, a sanidade, a cultura, etc.

Xestur Ourense
Empresa pública dependente da Xunta e do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, encargada da elaboración de estudios urbanísticos e desenvolvemento da actividade urbanizadora.

SOGAMA
Sociedade Galega do Medio Ambiente, organismo encargado da política de residuos da Xunta de Galicia.

Igatel
Servicios Telemáticos na Área de Innovación do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica). Ofrece asesoramento tecnolóxico a empresas.

Seguintes (21 a 28)

 







 ENVIAR

© Vieiros