Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Negocios » Empresas » Moda
..................................................

107 recursos (1 a 20)

Inditex
Grupo téxtil galego que ofrece información sobre as súas cadeas do roupa (Zara, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Kiddy's Class e Pull&Bear), os seus datos financeiros e a súa traxectoria empresarial.

Caramelo
Datos sobre a historia da compañía. A páxina permite visualizar os catálogos das súas últimas coleccións.

Adolfo Domínguez
O deseñador de Ourense presenta na rede a súa colección de moda para a vindeira tempada. Permite ver as tendencias para o ano seguinte, comprar en liña e ver información da empresa.

Pull and Bear
Web desta marca de roupa xuvenil pertencente ao grupo Inditex. Inclúe numerosa información e un catálogo coa súa última colección.

Zara
A cadea de roupa que foi cerne do grupo Inditex. Velaquí o último da súa colección de prendas cada tempada.

Florentino
Páxina deste deseñador de Lalín, na que se poden atopar datos desta empresa de moda, o seu estilo, noticias sobre as súas coleccións e os seus catálogos de roupa e complementos.

Oky^Coky
Páxina desta firma de moda da empresa Rotelpa, dirixida a mulleres novas, coa súa historia e un amplo catálogo de coleccións actuais e de tempadas anteriores.

Mamás
Empresa especializada en deseñar, fabricar e distribuír roupa premamá. Contan cunha ampla gama de modelos, dende a roupa sport a traxes de cerimonia. A web inclúe un catálogo da súa última colección.

Oysho
Cadea de tendas do grupo Inditex, especializada na comercialización de lencería para home e muller. A web inclúe un catálogo da súa última colección.

Mafecco
Empresa coruñesa dedicada ao mundo da moda. Na súa páxina presenta as súas coleccións para muller, noticias da compañía e outros datos relativos a Mafecco.

Pili Carrera
Web desta deseñadora de moda infantil, que inclúe unha mostra das súas coleccións. A páxina ofrece novas e información sobre franquicias.

Antonio Pernas
Páxina deste deseñador galego de prendas de vestir e complementos, seguidor das tendencias minimalistas. A web achega información do propio deseñador, así como das súas tendas e coleccións.

Kina Fernández
Web desta deseñadora galega con información sobre a empresa téxtil á que lle dá nome. A páxina permite ademais visualizar as súas últimas coleccións de moda feminina.

UNICEN
Firma ferrolá de moda masculina, que presenta na web as súas coleccións e vídeos cos desfiles de cada tempada, xunto a outros datos da empresa, as súas tendas e o seu mercado.

Confeccións Guerral
Empresa téxtil lalinense, dedicada ao prêt-a-porter, que achega na web as súas últimas coleccións de home e muller, así como unha breve sinopse da súa empresa e información sobre os seus estabelecementos en Galiza e a forma de facer franquicias da súa firma.

Creacións Enmanuel
Empresa especializada no deseño e confección de roupa para muller. A web permite visualizar as súas últimas coleccións.

Liña U
Tenda de venda na rede da liña de roupa xoven de Adolfo Domínguez. A páxina dispón dun amplo catálogo de productos seleccionados por sexos e por categorías de prendas.

Toypes
Web desta empresa dedicada ao deseño e producción de moda feminina. Ofrece información da compañía e permite coñecer as súas últimas coleccións.

Bershka
Cadea de tendas de moda xoven pertencente ao grupo Inditex. A web conta cun catálogo da súa colección, información corporativa e un localizador de tendas.

Alba Conde
Firma de moda que deseña e comercializa prendas de muller combinando calidade, actualidade e bo precio. A web permite consultar os catálogos das súas últimas coleccións.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros