Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Negocios » Empresas » Construción
..................................................

142 recursos (1 a 20)

Constructora San José
Páxina da primeira constructora do país, cun amplo catálogo de imaxes das súas obras principais, os seus datos económicos e ata un formulario con ofertas para solicitar emprego en liña.

Allplas, sistemas de ventás
Especialistas en deseño e instalación de estructuras de aluminio e PVC. Tamén instalan muros cortina e fachadas estructurais. A web permite realizar pedidos en liña.

Pilotes Posada
Web desta empresa de cementacións especiais, onde se describen as súas liñas de traballo e principais actividades, infórmase sobre as súas políticas de calidade e ofrécese datos sobre algunhas das súas obras.

Ibesca
Empresa especializada na fabricación de escaleiras en todo tipo de materiais. A web dispón dun catálogo cos modelos e marcas que comercializan.

Proinor
Páxina desta empresa de extracción e producción de lousa, con información da súa historia, productos e actividades.

Grupo Anjoca
Integrado por trece compañías, que centran as aúas actividades en diferentes sectores: promoción residencial e turística, desenvolvementos integrais de actuacións urbanísticas, construcción, comercialización e xestión de grandes superficies e centros comerciais, promoción e xestión de centros xeriátricos, polígonos industriais e actividade hoteleira.

Prefabricados Castelo
Empresa porriñesa que se dedica fundamentalmente aos prefabricados de formigón, e que pertence ao grupo Pérez Leirós. Presenta un amplísimo catálogo das súas solucións, productos e servicios, así como un caderno de novas sobre a firma.

Construccións Conde
Empresa que traballa na construcción xeral, dedicándose ás obras de carácter privado. Está especializada no desenvolvemento de todo tipo de obras, como vivendas, colexios, hospitais ou naves industriais.

Promocións Portonovo
Empresa dedicada á construcción de vivendas e locais comerciais. A web dispón de información sobre as súas obras en curso e traballos realizados, así como dunha galería de imaxes.

Medua
Boletín de actualidade do Grupo Cupire Padesa.

Portas de seguridade
Fabricación de portas de seguridade e acorazadas Luiwans´s en aluminio, ferro e madeira. Información sobre as súas características e colocación. Venda en liña.

Atesvi. Solucións Integrais en Formigón
Espazo web desta empresa de construcción que ofrece man de obra, proxectos de enxeñaría, etc.

Eprovisa
Empresa construtora e promotora de vivendas. A web achega completa información sobre as súas promocións e unha sección de novas sobre o sector inmobiliario. Ten unha área rexistrada para clientes.

Ipisa
Empresa dedicada á explotación de lousa de calidade. Ofrece lousas de cor negra, gris e verde para aplicacións como tellados, paseos ou chemineas.

Prefabricados Eiros
Empresa especializada na realización de prefabircados de formigón para obras públicas, edificacións e urbanismo. Entroutros materiais fabrican bloques, pavementos e tubos.

Artebet
Empresa dedicada ao deseño de proxectos inmobiliarios. Ademais realizan tarefas de taxación, estudio e peritación. A web informa dos seus servicios.

Cecominsa grupo empresarial
Grupo empresarial da construcción con actividade en Galicia e Portugal. A web informa dos seus servicios nos ámbitos da enxeñería, arquitectura ou instalacións, entroutros.

Ferlosa
Páxina desta empresa de extracción e producción de lousa, con información sobre as características dos seus productos.

Indeza
Empresa dedicada á promoción e construcción de obras públicas. A web achega diversos datos corporativos, así como información dos traballos realizados e volume de obra.

Expo Buildmat
Feira virtual do sector da construcción e afíns. Conta con stands virtuais, novas e presentacións. Ademais ofrece numerosos servicios como estudios de mercado, marketing ou publicidade.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros