Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Arte e historia » Antropoloxía
..................................................

17 recursos (1 a 17)

Departamento de filosofía e antropoloxía da USC
Información da facultade de filosofía, directorio, liñas de investigación e libros e revistas relacionados con este departamento da Universidade de Santiago de Compostela. Inclúe recursos específicos para a área de filosofía e a de antropoloxía social.

Fundación Xosé Soto de Fión
A Fundación Xosé Soto de Fión trata de promover co Ecomuseo de Arxeriz a cultura e idiosincrasia da Ribeira Sacra. Información sobre a fundación, o contorno, as súas publicacións...

O liño en Galicia
Historia, proceso (desde a semente ao tecido) ferramentas, tradición oral, léxico e outros recursos relacionados coa planta do liño en Galicia.

Asociación Galega de Antropoloxía
Colectivo con sede no Museo do Pobo Galego, en Compostela. Actividades, publicacións e contacto.

Liga céltiga galaica
Web deste colectivo de investigación histórica e política sobre as semellanzas de Galiza coas demais nacións celtas. Inclúe un especial sobre o xacemento dos Penidos, un dicionario gaélico escocés - galego e moita información sobre costumes celtas.

Etnografía espiritual de Galicia
Documento en pdf, colgado na web da Xunta. Aproximación á etnografía como ciencia, historia desta disciplina en Galicia e enfoque antropolóxico: percepción do tempo e exemplos de celebracións (o magosto, os maios, o San Martiño...).

Barallete
Páxina persoal de Miguel Seara, na que ofrece abondosa información sobre o barallete, a lingua dos afiadores e paragüeiros de Ourense. Inclúe diccionario de barallete e outros contidos sobre música.

A Casa Galega
Espacio do Departamento de Composición da Universidade da Coruña dedicado ás construccións autóctonas: a casa mariñeira, a casa da Coruña, a casa de Lugo e as pallozas.

Xocas, o homenaxeado das Letras Galegas 2004
Especial informativo da web Galicia Espallada. Inclúe artigos sobre o carro, o gado, a alimentación, casa, o traxe do país, as artes de pesca nos ríos e unha entrevista realizada no ano 1987.

Centro Etnográfico Terra de Montes - Verbo Xido
Centro de Soutelo de Montes que ten como obxectivo o estudio, a conservación e divulgación da cultura material da comarca (trebellos do liño, do campo, de carpinteiría...). Inclúe unidades didácticas e información sobre a asociación cultural Verbo Xido.

Galicia encantada
Monumental enciclopedia de lendas e criaturas fantásticas da tradición oral galega, levada a cabo polo escritor Antonio Reigosa: historias e bibliografía de trasgos, sacaúntos, demos e enredantes. Ofrece a posibilidade de achegar novas lendas.

Recopilación de lendas galegas
O milagro do Cebreiro, a pedra de abalar, as cidades mergulladas e San Andrés de Teixido, entre outras lendas recopiladas por María Sol Fernández.

Maximino Fernández Sendín
Páxina do antropólogo asturiano Maximino Fernández Sendín, na que se achega información sobre diversos estudios relacionados con Galicia.

As herbas na noite de San Xoán
Tradicións da festa e propiedades das prantas que adoitan usarse na elaboración da auga de San Xoán.

Gabinete de Estudios Etnográficos
Versión virtual do Gabinete de Estudios Etnográficos, con sede en Lugo. Inclúe información sobre o folclore e a música galega tradicional.

Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da USC
Espacio da Universidade de Santiago que informa sobre o profesorado dos Departamentos de Filosofía e Antropoloxía Social, ademais de conter ligazóns relacionadas con esta materia.

O cantar do arrieiro
Cancioneiro popular galego en liña, adicado á cultura tradicional de transmisión oral. Inclúe coplas, estripos e cantigas. Moitas son da zona de Bergantiños, mentres que outras están recopiladas polo Grupo Etnográfico das Mariñas, de Ferrol.


 







 ENVIAR

© Vieiros