Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Arte e historia » Castelao
..................................................

20 recursos (1 a 20)

Museo Castelao
Espacio que propón un percorrido virtual pola obra literaria, o humorismo gráfico, a pintura e aspectos da vida e morte de Castelao. Inclúe seccións de hemeroteca, contos descargables, PDFs de obra publicada...

Castelao e Pontevedra
Páxina que o Concello de Pontevedra dedica a Castelao. Nela pódese atopar un roteiro das zonas da cidade relacionadas co autor, datos da súa vida na capital pontevedresa e outras ligazóns.

Castelao na rede
Web dedicada a un dos pensadores galegos máis influíntes, home polifacético que defendeu Galicia nos campos político, artístico e literario. Biografía, carreira política e galería de imaxes: debuxos de negros, Atila en Galicia, Milicianos, Nós... e algúns cadros.

Fundación Castelao
Antiga web desta fundación na que se informa das súas actividades, dirixidas a honrar a memoria de Afonso Rodríguez Castelao e a divulgar a súa obra.

Cousas de Castelao
Páxina dedicada a Cousas, unha das obras máis importantes de Castelao. Recolle os textos e máis as ilustraciós orixinais.

Cousas da aldeia
Nesta web fálase de Castelao, en especial da tipografía utilizada polo artista de Rianxo (contén unha ligazón para descargar as fontes). Inclúe tamén o diario do Capitán Haddock, un patrón de barco de pasaxe bebedor e poeta.

Tres contacontos versionan a Castelao
Candido Pazó, Santi Prego e Avelino González interpretan á súa maneira relatos orixinais de Castelao, para un Especial informativo de Cultura Galega. Inclúe os contos en mp3.

Castelao no seu tempo. Unha perspectiva ourensá
Documento en pdf no que se recollen as ponencias do ciclo Castelao en Ourense, celebrado no ano 2000.

Unidade didáctica Castelao Sempre
Unidade didáctica sobre Castelao que acompañaba ao espectáculo teatral da compañía Espello Cóncavo, co-producido pola Asociación Socio-pedagóxica Galega.

Sempre Castelao
A librería Andel Virtual dedícalle un espacio a Castelao con motivo do cincuenta aniversario do seu pasamento, no ano 2000. Inclúe o catálogo de obras de e sobre o rianxeiro.

Guía didáctica 'Los viejos no deben enamorarse'
Guía didáctica do Ministerio de Educación e Ciencia sobre Castelao a súa obra teatral 'Os vellos non deben namorarse', representada polo Centro Dramático Nacional. Biografía, obra... desde a visión da literatura española.

Defensa e louvanza da lingua galega
Discurso pronunciado por Castelao nas Cortes Constituíntes da II República, en 1931, para que se recoñecera a oficialidade da lingua galega.

A orla de Castelao
Espacio dunha web máis ampla que contén a orla universitaria da promoción de Medicina de Castelao.

Virxinia Pereira
A web Galicia Espallada reproduce unha carta escrita en Bos Aires polo galeguista Rodolfo Prada o 20 de febreiro de 1950, dirixida a Ramón Otero Pedraio en Galicia, tras a morte de Castelao. Fala da súa muller, Virxinia, e inclúe fotografía.

Debuxos e caricaturas de Castelao
Páxina da Estrada que contén 175 debuxos de Castelao, pertencentes ao álbum Cousas.

Castelao
Biografía de Castelao en inglés.

Citas do Sempre en Galiza
Citas do ensaio Sempre en Galiza, recollidas polo portal Fillos.

Actividades Ano de Castelao
Paquete de actividades para descargar sobre Castelao, dirixidas aos escolares, no que se traballan as diferentes facetas do rianxeiro.

Castelaoren kronolojia
Cronoloxía en vasco dos feitos máis importantes da vida de Castelao.

Castelao no Centro Cultural Koldo Mitxelena
Biografía e bibliografía do galeguista que inclúe guieiro de lectura en euskera.


 







 ENVIAR

© Vieiros