Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Emigración » Información para emigrantes
..................................................

18 recursos (1 a 18)

IGACI
Instituto Galego de Cooperación Iberoamericana. Información, actividades, formación e revista. Está apoiado pola Xunta, as tres universidades galegas e o Instituto de Cooperación Iberoamericana. O seu obxectivo é intensificar os contactos culturais e científicos entre as dúas beiras do Atlántico.

Fundación Galicia Emigración
Web da Fundación Galicia Emigración, dedicada a emigrantes españois retornados e aos seus familiares. Ofrece un servizo gratuíto de intermediación laboral a través da súa bolsa de traballo.

BNG-Emigración
Páxina do Bloque Nacionalista Galego na emigración. Espacio de encontro para tódolos galegos e galegas espallados polo mundo. Inclúe documentos e iniciativas a prol da emigración.

Arquivo da Emigración Galega
Lugar de encontro, centro documental e de información para os investigadores e interesados no fenómeno migratorio. O arquivo depende do Consello da Cultura Galega.

Cepam
Centro de estudios de poboación e análisis das migracións. A web inclúe a súa revista Migratio, estatísticas e novas, así como unha sección de emigración galega.

CIG Emigración
Web da CIG dedicada ao seu programa integral de información e integración para os colectivos inmigratorios que chegan á nosa nación. Inclúe unha enciclopedia da emigración, con biografías de galegos.

Galicia en Chile
Punto de encontro virtual de emigrantes galegos e os seus descendentes en Chile. Listaxe de asociacións galegas, reportaxes históricas (ex. historia da creación do centro galego de Punta Arenas) e actividades.

Galicia para o mundo
. Información sobre concellos, patrimonio, roteiros, museos e axenda de actos culturais. Inclúe un apartado especial de axuda á comunidade galega no exterior con información sobre trámites de retorno e pensións.

Reencontros
Páxina dirixida ó emigrante que axuda a buscar familiares. Contén ligazóns con tódolos concellos galegos, medios de comunicación e outros sitios de interese.

Galegos no Mundo
Punto de encontro de galegos na emigración. Chat, foro, heráldica, fotos e arquivos.

Raigames
Espacio que pretende ser punto de encontro entre emigrantes que buscan familia en Galicia. Pódese deixar mensaxes clasificados por países: Estados Unidos, Arxentina, Uruguai e España.

Fillos de Galicia
Espacio para a xuntanza dos fillos e netos de galegos que teñen interese por descubrir as súas orixes e compartir experiencias, coñecer a historia de Galicia e os nomes galegos.

Galicia no mundo
Publicación semanal para emigrantes dependente de Galicia Dixital, en formato Acrobat. Ten seccións dedicadas a Venezuela, Arxentina e Canarias.

Encontra a túa xente
Sitio que pretende poñer en contacto aos galegos de Galicia cos seus familiares emigrados na Arxentina. Inclúe ligazóns e fotos sobre os dous territorios.

Amigos de Venezuela
Comunidade de venezolanos en Galicia, aínda que se presentan como referente para España, con sede en Vigo. Información para recén chegados, receitas, fotografías e foros.

Con vós
Web do programa radiofónico de Ramón Suárez 'O Muxo', un locutor da comunidade galega de Arxentina. Diversa información sobre Galiza, as súas emisións e a súa historia.

Lembrando a Galicia
Sitio dedicado á emigración. Noticias de actualidade e textos de opinión, receitas e tradicións, entre outros contidos.

CEPAM Galicia
Centro de Documentación da emigración galega. Recompilación de titulares da prensa sobre migracións e referencias bibliográficas, entre outros recursos.


 







 ENVIAR

© Vieiros