Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » País » Lugares e zonas turísticas » Pontevedra
..................................................

39 recursos (1 a 20)

Terra de Montes
Xeografía e historia desta comarca pontevedresa do interior, con información sobre a xiria dos canteiros, lendas, paisaxe e biografías de habitantes famosos: Chano Piñeiro, Virxilio Viéitez, Avelino Cachafeiro, Canabal...

Caldas de Reis
Xeografía, datos económicos, parroquias e historia. Tamén se lle adica cadanseu espacio ao deporte local e aos centros de ensino da cidade. A web contén abondosa información turística: gastronomía, augas termais, rotas, festas e directorio de aloxamentos, entre outros recursos.

Agolada
Descrición xeográfica, breve historia (con especial atención aos castros e mámoas), monumentos, calendario de festas por parroquias, galería de fotos, e información turística.

A Paradanta
Comarca pontevedresa que agrupa os municipios das Neves, Crecente, Arbo, Cañiza e Covelo. A web, de carácter turístico, ofrece ampla información de cada un dos concellos e fai unha selección de rotas e festas.

Vilaboa
Web dedicada a este pequeno concello pontevedrés. Parroquias, historia, patrimonio, fotos, xeografía e listaxe de asociacións da vila.

Pontecesures
Información básica e datos de interese turístico deste concello pontevedrés bañado polo Ulla. Corporación municipal, qué ver, festas, aloxamento, restaurantes e guía de teléfonos. Tamén se fala da cerámica celta.

As Neves
Datos básicos do concello pontevedrés: situación, poboación, extensión, comarcas, monumentos, paisaxe, fotos e teléfonos de interese. Tamén se fala de camiñadas e de gastronomía.

Pontecaldelas
Portal de Ponte Caldelas con información da súa historia, festas e recursos turísticos. Ademais conta con seccións de humor, fotografía, música e xogos.

Moraña
Web de Moraña que inclúe datos do Concello, ofertas de emprego e novas.

Asociación xuvenil de Toutón
Asociación de mozos 'San Xoán de Xisto'. Información das súas actividades e do lugar de Toutón, en Mondariz (Pontevedra).

Outra Oia é posible
Mapa de situación, cultura (os curros e o cabalo galego), historia (o mosteiro de Santa María de Oia) e deporte, entre outros datos, relacionados con este concello do Baixo Miño.

Goián
Web dedicada a esta parroquia do concello pontevedrés de Tomiño. Contorno, personaxes ilustres, festas, pratos típicos, fotografías, fauna e flora.

Guláns
Web dedicada a esta pequena aldea do concello de Ponteareas. Xeografía, historia, rotas, patrimonio e gastronomía. Inclúe información sobre a banda de música e a comunidade de montes.

Val do Louro
Web dedicada ás terras polas que discorre o río Louro: Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui. Inclúe noticias locais, deportes, festas, fotografías e sección para emigrantes.

A Guarda en imaxes
Portal de promoción turística d'a Guarda. Fotografías, ligazóns de interese, novas, galería de imaxes e vídeos de festas e tradicións do lugar.

Vales do Ulla e o Umia
Natureza, cultura, romerías, administración, mapas,... toda a información desta zona do norte pontevedrés. Inclúe información dos programas europeos de apoio.

Ponte de ocio
Guieiro de lecer para a cidade de Pontevedra. Axenda de exposicións, cursos e actividades varias.

Camposancos
Historia do lugar (presume de ser o único sitio galego no que desemboca o Miño), mapa, deportes que se poden practicar...

Pontecaldelas
Ademais de proporcionar información sobre a vila pontevedresa de Pontecaldelas, este portal agrupa contidos e servicios heteroxéneos, desde reseñas de libros e películas ata noticias políticas.

Bandeira
Web non oficial que nos fala das súas festas (Esmorga Folc), famosa a da empanada, da historia, do escritor Ramón de Valenzuela e outras cousas desta vila nas terras de Trasdeza, en Pontevedra.

Seguintes (21 a 39)

 







 ENVIAR

© Vieiros