Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » País » Información turística xeral
..................................................

Mira tamén en...

Lecer (1546) 


..................................................

29 recursos (1 a 20)

TurGalicia
Empresa de promoción turística dependente da Dirección Xeral de Turismo da Xunta. Noticias, onde aloxarse e comer, que ver, servicios (transporte, oficinas de información e centros sanitarios) e reservas en liña.

Santiago Reservas
Páxina de reservas de hoteis en Compostela. Información turística completa da cidade.

Pangalaica
Completísimo portal de servicios, onde se pode atopar información económica, cultural, turística, comercio...

Vivebien.com
Portal de ocio e turismo radicado en Galicia e con cobertura informativa en máis de 50 cidades do Estado, entre elas, as sete galegas. Rotas, turismo rural, monumentos, gastronomía e buscadores para localizar hoteis e restaurantes. Inclúe ademais horóscopo, chat, o tempo e unha tenda virtual.

Galicia Premium
Web desta tarxeta promocional para a fidelización do turismo hostaleiro, creada por Turgalicia. Información sobre as súas posibilidades, os estebelecementos que están adheridos e fórmulas para trocar os puntos.

O tempo en Galicia
Mapa meteorolóxico, que indica as prediccións do tempo no noso país segundo os datos da Universidade de Santiago. Tamén aparecen comentarios sobre o estado do ceo, o vento, as néboas e a temperatura. Non se actualiza a diario.

Galice
Guía cos principais recursos turísticos de Galicia. Esta páxina inclúe información das sete cidades galegas, todo o relacionado co mundo das viaxes e datos da cociña tradicional, entre outros moitos recursos.

EuroAdventures
Axencia galega en liña na que se convida ao viaxeiro, en inglés, a seguir varios e interesantes roteiros por Galicia. Pódense facer reservas desde a web. Inclúe unha guía de viños das Rías Baixas.

Galicianet
Guía turística de Galicia: hoteis, campings, restaurantes, pubs, o tempo... Inclúe postais, foros e chat.

Galinor
Completa guía turística de Galicia: hoteis, turismo rural, paradores, rotas, cidades, festas, gastronomía e información sobre o Camiño de Santiago.

Ruta da noite
Guía feita desde Ourense na que se amosan as posibilidades de lecer na noite das principais cidades do estado, entre elas, as galegas: cear, ir de copas, ter compaña ou durmir.

Noroeste Galicia
Web persoal dedicada aos emigrantes. Contén unha galería de imaxes e unha moi recomendable sección de sons inéditos (o carrillón da Caixa de Aforros da Coruña co himno galego), mp3 de música galega e vídeos das Illas Cíes e de Mondariz.

Galicia 360
Proxecto que ofrece na web panorámicas de paisaxes galegas en 360 graos.

Galicia Enteira
Guía do noso país dirixida principalmente aos viaxeiros. Ofrece unha visión xeral de Galicia a través de artigos que se clasifican nas seguintes categorías: natureza, historia, monumentos, cultura, gastronomía e comunicacións. Contén moitas ligazóns galegas.

Barxacoba de Sanabria
Páxina web de Barxacoba de Sanabria,aldea zamorana na que se fala galego. Presentación da aldea, galería de imaxes e novas.

Vakantieappartement in Galicië
Web cunha breve información turística sobre Galicia, e en especial, Compostela e Cambre, pois é alí que se ofertan prazas hoteleiras para turistas alemáns e holandeses.

As comarcas
Portal que agrupa numerosos e variados contidos e servicios doutras webs. Inclúe unha listaxe de todos os concellos galegos comentados e a historia do equipo Deportivo Eume.

Galicia
Web feita nas Baleares na que divulga información heterogénea sobre Galicia: fauna e flora, gastronomía, costumes, literatura, arquitectura e aloxamento, entre outros recursos.

Terra Galega
Web de promoción turística e empresarial, que agrupa recursos clasificados en diferentes categorías: concellos, empresas, aloxamento, gastronomía e lendas (o lobishome, a raíña Lupa...).

Galicias
Web de contidos heteroxéneos. Contén fotos de aldeas, parroquias e concellos galegos; información sobre Camba, unha aldea de montaña de Laza; e datos sobre a asociación Rillamillas do Carballiño, entre outros recursos.

Seguintes (21 a 29)

 







 ENVIAR

© Vieiros