Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Lecer » Festas
..................................................

65 recursos (21 a 40)

Entroido 1999
Especial de Vieiros. En 1999 percorremos os entroidos máis populares do país. Laza, Verín, Xinzo,... as capitais do febreiro galego amósannos ceremonial e gastronomía. Ademais, unha viaxe virtual por unha escolma de entroidos mundiais.

Festa da Arribada
Sección da web municipal de Baiona dedicada á festa da Arribada de 2004. Inclúe diversa documentación histórica, datos sobre a orixe da festa, o descubrimento de América e o programa de actos daquel ano.

Feira do cocido de Lalín
Especial da web do Concello de Lalín dedicada á programación e historia dun dos encontros gastronómicos máis importantes do país. Datos sobre a matanza e sobre as actividades culturais paralelas.

Festa do pelete
Exaltación do viño Ribeiro celebrada en A Lama, na honra da Virxe dos Remedios. Mapa de localización, noticias da festa, fotos e chat.

Festa dos maios
A asociación de veciños do Casco Vello de Vigo organiza cada ano unha dramatización da loita entre o Inverno e o Maio, que dan paso á raiña Primavera. Na web presentan a festa e explican o seu significado.

Festa da Reconquista
Programa, fotografías, deseños de roupa da época e historia da festa da Reconquista de Vigo e a derrota das tropas francesas. Inclúe carteis e un romance de cego.

Festa da dorna
Celebración que se produce na vila arousán de Ribeira no mes de xullo. Historia, programa de festas, peñas, actividades e fotos.

As festas do Ferrol
Pequena ollada polas celebracións e actos festivos celebrados na cidade de Ferrol. Historia, celebración, orixes e significado.

Tradicións galegas
Escolma comentada da nosa tradición: a noiteboa, o tizón de Nadal, a misa do galo, o aninovo, o entroido, os reis, os maios e a orixe celta do ciclo anual das festas.

Sijalas do Barbansa
Peña de amigos que participa na Festa da Dorna de Ribeira. Historia da súa fundación, fotos, información sobre a festa e libro de visitas.

VI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Xornadas organizadas pola Federación Galega pola Cultura Marítima, na Illa de Arousa, entre o 3 e o 6 de xullo de 2003. Programa (exhibición de embarcacións clásicas europeas, degustacións gastronómicas, regatas...) e delegacións participantes, entre outros recursos.

Elite Eventos
Empresa especializada na organización, total ou parcial, de todo tipo de celebracións, como vodas, bautizos ou actos de empresa.

Feira Franca
Web da Feira Franca medieval que se organiza en Pontevedra dende o ano 2000. Ofrece información de carácter histórico e permite consultar o programa da última edición celebrada.

Festas do barrio de San Pedro
Web que ten como finalidade recuperar as festas do barrio de San Pedro en Santiago de Compostela, combinando tradición e novas tendencias. Contén o calendario das festas para xullo de 2005, así como fotos de edicións anteriores.

Maruxaina
Web dedicada á festa da Maruxaina, que se celebra en San Cibrao cada segundo sábado de agosto. Ofrece contidos como a lenda da serea Maruxaina, a historia da celebración ou unha guía de vestiario para participantes.

Campo da festa dixital
Revista profesional de espectáculos. Contén un buscador de festas en Galicia e Asturias, noticias, orquestras, entrevistas, chat, directorio temático de músicos, espacio de compra, venda e aluguer, e taboleiro de anuncios.

Festa da Barca
Web aloxada en Finisterrae.com, adicada ao rito de abalar a pedra da Barca, en Muxía. Explicación da festa e fotos.

Confraría da Dorna
O departamento de `dornalisasión linjüística’ achéganos documentos imprescindibles para todo festeiro: o diccionario secreto, o ‘pojrama’, o himno, a historia, ademais dun seguimento puntual da maior xolda dorneira do planeta.

Asociación Cultural Corpus Christi Reveriano Soutullo
Asociación de Ponteareas que confeccciona alfombras florais na festa do Corpus de Ponteareas e ofrece abondosa información sobre esta tradición.

Festa da prehistoria
Páxina oficial desta festa ambientada na prehistoria, que se celebra en Mos durante o mes de agosto.

Anteriores (1 a 20)Seguintes (41 a 60)

 







 ENVIAR

© Vieiros