Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Lecer » Festas
..................................................

65 recursos (1 a 20)

Carnaval en Ourense
O pregón, o programa, os premios, recopilación de artigos de prensa e noticias sobre o Entroido na cidade das Burgas e na súa provincia. Fala das personaxes tradicionais en cada vila (peliqueiros, cigarróns...) e mesmo da gastronomía típica.

San Teleco 2001, odisea no ciberespacio
Páxina dedicada a esta festa universitaria que se celebra anualmente na cidade de Vigo. Inclúe información sobre o programa, novas e fotografías.

Vieiros Festas
Romerías, merendas, verbenas, enchentas, santos patróns, concertos, festivais e celebracións varias por toda a xeografía galega. Cada verán ábrese este completísimo guieiro virtual para saber de todas as citas imprescindiblesdo lecer galaico.

Nadal na Terra
Suplemento de Vieiros elaborado con ocasión das festas de Nadal e Reis de 1997-1998. Gastronomía, tradicións, rotas turísticas, guía de presentes, felicitacións e taboleiro de opinión sobre a emigración.

Especial Nadal
Páxinas especiais realizadas por Vieiros en 1996 co gallo da celebración do Nadal. Inclúen receitas tradicionais e panxoliñas, entroutros contidos.

25 de xullo en Vieiros
Páxinas creadas por Vieiros con motivo do Día de Galicia. O especial contén as proclamas do periódico A Nosa Terra (entre 1920 e 1935) e o discurso Alba de Gloria de Castelao.

Festas a tope
Web realizada en Santiago que contén unha ampla base de datos de festas e outros recursos relacionados co mundo do espectáculo: orquestras, palcos, sonido e iluminación, axencias...

Nadal 2003
Especial de Vieiros. Coñece as vellas panxoliñas, espalladas por toda a Península no XVI e XVII, bota man da colección de e-postais, mira a nosa proposta de agasallos e os desexos para o 2004. Tamén podes consultar os contos eviados ao noso concurso de microrrelatos e ler un artigo especial de Xesús Fraga. Ademais, catro ideas para preparar o bacallau de catro restauradores galegos do grupo Nove: Xosé Cannas, Marcelo Tejedor, Manuel Chaves e Miguel Anxo Campos.

Peliqueiro web
Web con todo tipo de información sobre o entroido de Laza, dende a historia e tradicións ata o programa do 2002. Ademais conta con seccións adicadas ao Concello, o trial e o CEIP O Castiñeiro.

Nadal 96 en Vieiros
Especial informativo elaborado por Vieiros no Nadal de 1996, o primeiro da súa andaina. Inclúe colaboracións literarias de galegos desde diferentes partes do mundo, receitas do cociñeiro Paco Feixó e un formulario para enviar cartas en liña aos Reis Magos.

Nadal 98 en Vieiros
Especial informativo de Vieiros con motivo do Nadal 98. Postais, receitas, resume dos acontecementos máis importantes do ano e datos sobre a celebración do Nadal noutras culturas.

Nadal 99 en Vieiros
Especial informativo de Vieiros do Nadal 99. Contén menús de festa da cociñeira Toñi Vicente, propostas de agasallos e un resume dos acontecementos máis importantes para Galicia e a rede galega.

Nadal 2000 en Vieiros
Vieiros celebra o Nadal 2000 ofrecéndolle aos seus lectores emepetreses de música galega, fondos de pantalla e postais electrónicas. Inclúe tamén o habitual resume informativo do ano coas noticias máis destacadas que afectaron á Internet galega.

Nadal 2001 en Vieiros
Panxoliñas en mp3, conto de Nadal, receitas e unha guía sobre os Beléns galegos máis importantes forman o especial informativo de Vieiros do Nadal 2001. Ademais, hai un apartado dedicado ao euro e unha guía de agasallos.

Entroido de Xinzo
Aproveitando o entroido 2002, o concello de Xinzo fainos unha achega virtual polo cerimonial habitual da súa festa máis celebrada.

Festas do Barrio de San Pedro 2006
Páxina web das Festas do Barrio de San Pedro 2006. Programación completa, historia da comisión de festas e ligazóns de interese.

Festas galegas
Portal que achega abondosa información sobre festas e turismo en Galicia. A web permite incluir novas festas e consultar unha base de datos sobre profesionais do sector.

Animatium
Empresa dedicada á xetión de servicios de lecer. Nesta páxina pódense seleccionar os seus servicios de go-gos, azafatas ou camareiros, entroutros. Ademais organizan festas e todo tipo de celebracións, como vodas ou despedidas de solteiro.

Festa da Istoria
Espacio que o Centro de Estudios Medievais de Ribadavia lle adica á festa mozárabe, calificada de Interese Turístico Nacional. Historia da festa e actividades e elementos que a caracterizan: o bando, a voda xudía, o banco da Alhóndiga...

Festa do Esquecemento
Web da Asociación Civitas Limicorum de Xinzo de Limia. Dedica atención especial a esta festa, que lembra a historia do río que os romanos crían que 'apagaba as lembranzas de quen o cruzaba'. Tamén dá conta doutras actividades da agrupación.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros