Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Arte e historia » Fundacións e centros de investigación
..................................................

37 recursos (21 a 37)

Fundación Galiza Sempre
Entidade que pretende promover o estudio e desenvolvemento do pensamento político, social, económico e cultural de Galiza. Obxectivos, actividades e contacto. Inclúe a historia do nacionalismo galego.

Novo Seminario de Estudos Galegos
Institución ligada á Universidade de Santiago de Compostela, que aborda as distintas manifestacións da cultura galega. Atende á formación de investigadores e á divulgación científica dende a interdisciplinariedade.

Fundación Palestina
Espacio palestino na rede promovido por Ghaleb Jaber Ibrahim. Artigos e documentos sobre Palestina, ademais dun seguimento da actualidade en Oriente Próximo.

Fundación San Rosendo
Tomando nome dun bispo ourensán, desenvolve funcións de asistencia social: atención á terceira idade, diminuídos, alcólicos, mulleres maltratadas,... Promove programas de formación e sensibilización para a axuda a grupos marxinados.

Fundación galega contra o narcotráfico
Fundación con sede en Vilagarcía que loita contra o tráfico ilícito de drogas. Liñas de actuación, noticias e teléfono antidroga gratuíto.

Instituto de Estudios Berciáns
Centro de investigación dedicado á recuperación e dignificación do acervo cultural do Bierzo. Historia, publicacións e descrición do patrimonio.

Fundación Alexandre Bóveda
Entidade con sede en Pontevedra que administra o patrimonio do que fora secretario xeral do Partido Galeguista. Historia da fundación, actividades e hemeroteca sobre Bóveda.

Asociación internacional de estudos galegos
Estatutos e outros contidos desta entidade que promove o coñecemento da cultura galega no mundo.

Fundación Porlier
Constituída en 1983, segundo os seus estatutos para "a protección e fomento das ideas de liberdade e tolerancia, o respecto aos dereitos humanos e o apoio ao progreso de Galicia en todos os ámbitos".

Fundación CEL Iniciativas por Lugo
Entidade que financia proxectos empresariais para a provincia de Lugo. Descrición dos servicios (viveiro de empresas, apoio a emprendedores...) e contacto.

Fundación O Noso Lar
Fundación relixiosa con sede en Samos que fomenta a solidariedade e a convivencia interxeracional. Órganos rectores, parroquias, pastoral e actividades.

Fernando Blanco de Lema
Páxina coa biografía e herdanza do filántropo ceense Fernando Blanco de Lema. Inclúe información da fundación que leva o seu nome.

Fundación Una Galicia Moderna
Fundación ligada ao Colexio de Economistas da Coruña. Equipo de traballo, obxectivos, comités que a integran e liñas de actuación.

Fundación Xeito Novo de cultura galega
Asociación arxentina que promove e defende a música tradicional galega. A Grileira é a súa revista en liña.

Fundación Carlos Casares
Espazo on-line da Fundación creada arredor da figura do escritor Carlos Casares. Permanece en construcción.

Anteriores (1 a 20)

 







 ENVIAR

© Vieiros