Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Arte e historia » Fundacións e centros de investigación
..................................................

37 recursos (1 a 20)

Fundación Caixa Galicia
Adicada ao fomento dos sectores productivos e creación de riqueza, benestar social e emprego, artes e letras, medio ambiente, investigación e innovación. Inclúe na rede todas as novas das actividades promovidas, publicacións bibliográficas e audiovisuais, bolsas, convenios e premios.

Proxecto Edición
Proxecto de colaboración entre CGAC, MARCO e Fundación Luis Seoane. Investigación, produción e distribución de traballos centrados na información, a edición e a actualidade como soportes creativos. Entre outras seccións conta con presentación de artistas, de exposicións e de actividades.

IGADI
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Inclúe interesantísima información sobre a situación política, económica e social en países de todo o mundo, así como actos, congresos e informes de conflictos actuais.

Fundación Pedro Barrié de la Maza
Información sobre a fundación e os proxectos de educación, cultura, investigación e servicios sociais que desenvolve.

Fundación Camilo José Cela
Información relativa á vida, personalidade e obra do escritor de Padrón, premio Nóbel de Literatura. A súa fundación organiza diversos cursos e actividades.

Círculo das Artes de Lugo
Páxina deste centro cultural que achega información sobre a súa historia, regulamento e actividades.

Centro Galego de Artes da Imaxe
Centro de documentación audiovisual dependente da Xunta de Galicia con informacións completas sobre o sector, o calendario de programacións, actividades, conferencias, axudas e ligazóns audiovisuais.

Fundación Laxeiro
Espazo web con información sobre a propia fundación e a vida e obra do artista. Ademais de incorporar bibliografía sobre Laxeiro a páxina contén unha galería coa colección permanente do pintor, mostras das exposicións desenvolvidas nas instalacións da fundación e tamén xogos.

Fundación Luis Seoane
Fundación dedicada a unha figura clave da pintura galega de posguerra. Na súa páxina amosa obras e exposicións de Luis Seoane.

Fundación R
Institución creada polo operador de telecomunicacións por cable R para implantar as novas tecnoloxías da información na sociedade. A web recolle a súa oferta de formación e prácticas, iniciativas de apoio ás PEMES e proxectos de valor engadido.

Laboratorio de arqueoloxía e formas culturais
Unidade universitaria de investigación, formación e servicios especializada en tecnoloxías para a xestión integral e a avaliación do patrimonio arqueolóxico. Inclúe novidades, servicios, proxectos, resultados e outros datos

Fundación CIEC
Centro Internacional da Estampa Contemporánea, fundación para a promoción da arte gráfica. Historia, sede, actividades, imaxes, cursos e inscrición.

Arquivo do Reino de Galicia
Centro xestionado pola Xunta que recolle, custodia e presta servicios de documentación histórica. Ofrece información da historia do edificio, organización dos fondos, servicios, ligazóns e publicacións.

Fundación Terra Termarum Castrolandín
Entidade que xestiona o xacemento arqueolóxico de Castrolandín, a carón da vila pontevedresa de Cuntis. Información sobre o castro e as actividades da fundación.

Fundación Lonxanet
Co patronato formado polos patróns maiores das confrarías e a empresa do mesmo nome, traballa para a planificación de capturas, loita contra o despoboamento, como instrumento científico, social, económico e de innovación.

Galirupestre
Web xestionada pola Asociación arqueolóxica viguesa e polo Instituto de estudios vigueses. Trata diversos aspectos da arqueoloxía. A páxina inclúe bibliografía e ligazóns de interese.

Fundación Alfredo Brañas
Xunta de goberno, obxectivos e actividades desta fundación con sede en Compostela. Inclúe a biografía de Brañas e información sobre o Rexionalismo, ademais do índice de publicacións do centro.

Fundación Wenceslao Fernández Flórez
Fundación constituída no ano 2000, que ten por obxectivo a programación de actividades culturais relacionadas coa obra deste escritor e xornalista coruñés.

Fundación Amancio Ortega
Institución privada para a promoción de actividades nos campos da educación, a investigación e a ciencia. Actualmente promove o proxecto Ponte dos Brozos de introducción das novas tecnoloxías na escola.

Fundación Juana de Vega
Escola teórico-práctica de agricultura, constituída por vía testamentaria pola Condesa de Espoz e Mina. Historia da fundación, actividades, biografía de Juana de Vega e contacto.

Seguintes (21 a 37)

 







 ENVIAR

© Vieiros