![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||||
![]() |
![]() |
||||||
![]() |
![]() |
||||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
![]()
Buscador » Arte e historia » Fundacións e centros de investigación .................................................. 37 recursos (1 a 20) Fundación Caixa Galicia Adicada ao fomento dos sectores productivos e creación de riqueza, benestar social e emprego, artes e letras, medio ambiente, investigación e innovación. Inclúe na rede todas as novas das actividades promovidas, publicacións bibliográficas e audiovisuais, bolsas, convenios e premios. Proxecto Edición Proxecto de colaboración entre CGAC, MARCO e Fundación Luis Seoane. Investigación, produción e distribución de traballos centrados na información, a edición e a actualidade como soportes creativos. Entre outras seccións conta con presentación de artistas, de exposicións e de actividades. IGADI Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Inclúe interesantísima información sobre a situación política, económica e social en países de todo o mundo, así como actos, congresos e informes de conflictos actuais. Fundación Pedro Barrié de la Maza Información sobre a fundación e os proxectos de educación, cultura, investigación e servicios sociais que desenvolve. Fundación Camilo José Cela Información relativa á vida, personalidade e obra do escritor de Padrón, premio Nóbel de Literatura. A súa fundación organiza diversos cursos e actividades. Círculo das Artes de Lugo Páxina deste centro cultural que achega información sobre a súa historia, regulamento e actividades. Centro Galego de Artes da Imaxe Centro de documentación audiovisual dependente da Xunta de Galicia con informacións completas sobre o sector, o calendario de programacións, actividades, conferencias, axudas e ligazóns audiovisuais. Fundación Laxeiro Espazo web con información sobre a propia fundación e a vida e obra do artista. Ademais de incorporar bibliografía sobre Laxeiro a páxina contén unha galería coa colección permanente do pintor, mostras das exposicións desenvolvidas nas instalacións da fundación e tamén xogos. Fundación Luis Seoane Fundación dedicada a unha figura clave da pintura galega de posguerra. Na súa páxina amosa obras e exposicións de Luis Seoane. Fundación R Institución creada polo operador de telecomunicacións por cable R para implantar as novas tecnoloxías da información na sociedade. A web recolle a súa oferta de formación e prácticas, iniciativas de apoio ás PEMES e proxectos de valor engadido. Laboratorio de arqueoloxía e formas culturais Unidade universitaria de investigación, formación e servicios especializada en tecnoloxías para a xestión integral e a avaliación do patrimonio arqueolóxico. Inclúe novidades, servicios, proxectos, resultados e outros datos Fundación CIEC Centro Internacional da Estampa Contemporánea, fundación para a promoción da arte gráfica. Historia, sede, actividades, imaxes, cursos e inscrición. Arquivo do Reino de Galicia Centro xestionado pola Xunta que recolle, custodia e presta servicios de documentación histórica. Ofrece información da historia do edificio, organización dos fondos, servicios, ligazóns e publicacións. Fundación Terra Termarum Castrolandín Entidade que xestiona o xacemento arqueolóxico de Castrolandín, a carón da vila pontevedresa de Cuntis. Información sobre o castro e as actividades da fundación. Fundación Lonxanet Co patronato formado polos patróns maiores das confrarías e a empresa do mesmo nome, traballa para a planificación de capturas, loita contra o despoboamento, como instrumento científico, social, económico e de innovación. Galirupestre Web xestionada pola Asociación arqueolóxica viguesa e polo Instituto de estudios vigueses. Trata diversos aspectos da arqueoloxía. A páxina inclúe bibliografía e ligazóns de interese. Fundación Alfredo Brañas Xunta de goberno, obxectivos e actividades desta fundación con sede en Compostela. Inclúe a biografía de Brañas e información sobre o Rexionalismo, ademais do índice de publicacións do centro. Fundación Wenceslao Fernández Flórez Fundación constituída no ano 2000, que ten por obxectivo a programación de actividades culturais relacionadas coa obra deste escritor e xornalista coruñés. Fundación Amancio Ortega Institución privada para a promoción de actividades nos campos da educación, a investigación e a ciencia. Actualmente promove o proxecto Ponte dos Brozos de introducción das novas tecnoloxías na escola. Fundación Juana de Vega Escola teórico-práctica de agricultura, constituída por vía testamentaria pola Condesa de Espoz e Mina. Historia da fundación, actividades, biografía de Juana de Vega e contacto.
| ![]() |
![]() |
![]() |
![]()
![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
© Vieiros |