Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Arte e historia » Museos e galerías
..................................................

69 recursos (21 a 40)

Mecam - Museo do Encaixe de Camariñas
Web do Museo do Encaixe de bolillos de Camariñas, unha actividade artesana típica deste concello. Información gráfica sobre o museo, o encaixe e a súa historia, formación e cursos, glosario, bibliografía e máis aínda.

Euro Arte
Tenda adicada á venda de obras de arte en xeral e á difusión de obras de artistas consagrados e mozos. Tamén funciona coma centro de información e asesoramento.

Asociación Profesional de Galerías de Arte de Galicia
Información das galerías asociadas, enderezos, correos electrónicos e ámbitos de especialización. Inclúe listaxe de artistas e exposicións.

Trebellar
Galería coruñesa. Informa na web das súas exposicións e inclúe unha ampla colección de imaxes, entre elas do pintor pontevedrés Rafael Úbeda.

A Casa da Troia
Mítica pensión en Compostela de estudiantes universitarios, reconvertida en museo. Na web tamén se fala do libro do mesmo título e do seu autor, Pérez Lugín.

Museo das Peregrinacións
Plano do museo, horarios, enderezo e tarifas de entrada desde a web da Xunta.

Casa Museo Otero Pedrayo
A casa de Trasalba foi legada polo escritor Ramón Otero Pedrayo a Galaxia, coa biblioteca incluída. A web amosa fotos familiares, da casa e inclúe información sobre a Fundación Otero Pedrayo.

Galería de Arte Nova Rúa
Adicada a exposicións de pintura e escultura. Fondo importante de arte galego, séculos XIX e XX.

Museo do ferrocarril de Galicia
Museo situado en Monforte, xestionado pola Fundación dos ferrocarrís de Galicia. Descrición das instalación e do material exhibido, fotografías e salvapantallas, entre outros contidos.

Museo Arqueolóxico San Antón
Web non oficial do Museo Arqueolóxico de San Antón, na baía coruñesa. Descrición detallada das instalacións (plano do castelo, ourivería, esculturas, sala de navegación...), entrevista co director e crónica da Batalla de Elviña, entre outros datos. A web está elaborada pola Asociación de artistas mozos 'Cuadrante'.

Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón
Museo que ten a súa sede no castelo de San Antón, nun pequeno illote da Coruña. Visita virtual, exposicións e actualidade arqueolóxica.

Museo Etnográfico de Grandas de Salime
Museo dedicado á cultura popular do Eo-Navia. Horario, instalacións, actividades e visita virtual, entre outros datos.

Conxunto etnográfico de Mazonovo
Museo dos muíños de Taramundi, no occidente asturiano. A web divide a información en dúas partes: unidade didáctica e museo. Nesta última ademais dos horarios e os prezos ofrécese unha completa galería fotográfica.

Galería José Lorenzo
Galerías de exposicións en Santiago, unha delas dedicada especificamente á arte contemporánea. A web achega información sobre mostras e actividades. Permite ver e mercar algunhas das súas obras en liña.

Museo Militar Rexional da Coruña
Visita virtual por este museo, con información de cada unha das salas, introducción histórica incluída e unha linguaxe poética inusitada para tan militar institución.

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Información sobre o seu horario, entradas e fondos, no servidor da Xunta de Galicia. Ademais inclúe algúns datos sobre a súa historia.

Museo Etnolóxico de Ribadavia
Fotos, plano, tarifas de entrada e máis información deste museo dende a web da Xunta de Galicia.

Galería Trinta
Filosofía, programación de exposicións e índice de artistas que pasaron por esta galería compostelá. Inclúe listaxe de correo.

Casa Museo Irmáns Camba
A asociación española de Casas Museo recolle na súa base de datos a casa natal dos Irmáns Camba en Vilanova de Arousa. Descrición das instalacións, horarios, servicios e breve biografía dos escritores.

Museo de Terra Santa
Recorrido por todos os momentos históricos desta zona de Oriente Próximo.

Anteriores (1 a 20)Seguintes (41 a 60)

 







 ENVIAR

© Vieiros