Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Arte e historia » Museos e galerías
..................................................

69 recursos (1 a 20)

Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Situado no centro da cidade e xestionado pola Fundación Marco. Na web poden consultar toda a información sobre o seu proceso de constitución, as súas actividades actuais e os próximos proxectos.

Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá
Web do Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá. Ofrece completa información sobre o museo e a leguminosa, dende a súa historia ás modernas técnicas de cultivo. Inclúe ademais receitas e unha sección para nenos, entre outros contidos.

CGAC
Páxina do Centro Galego de Arte Contemporánea na que se presentas as súas actividades e exposicións. Tamén se amosa o edificio, deseñado por Álvaro Siza.

Museo do Pobo Galego
Web do primeiro museo etnográfico de Galicia que ofrece todos os datos sobre a institución, os seus edificios e salas, así como das actividades que programa.

Colección Caixanova
Colección de arte galego de Caixanova, na que se poden atopar máis de 20.000 páxinas que amosan as obras dos autores galegos máis importantes, as súas épocas e técnicas utilizadas, así como programación cultural nas vilas galegas e bases do premio de gravado Julio Prieto Nespereira.

Casa das ciencias da Coruña
Toda a información sobre a Casa das ciencias que integra o planetario, o acuario e a Domus (a casa do home). Tamén información sobre A Coruña.

Museo Provincial de Lugo
Escolma do patrimonio artístico e cultural da provincia. Na web inclúense novidades, xogos e exposicións virtuais.

Museo de Belas Artes da Coruña
Nova web do Museo de Belas Artes da Coruña. Ofrece información sobre as exposicións, cursos, obradoiros e concertos programados. Permite realizar unha visita virtual e contemplar a mostra permantente en liña.

Consello Galego de Museos
Web do Consello Galego de Museos, plataforma estable de coordenación e colaboura entre as institucións museísticas galegas. Inclúe unha sección coas súas publicacións.

Asociación Amigos do Arqueolóxico
Páxina desta asociación coruñesa, que mostra as súas actividades de defensa das obras arqueolóxicas. Organizan ademais conferencias e viaxes a museos arqueolóxicos.

Museo das peregrinacións
Información da historia e das actividades organizadas polo museo. A web permite ademais coñecer as súas instalacións e fondos bibliográficos, especializados no Camiño de Santiago.

Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña
Información xeral, visitas virtuais, axenda de exposicións, descrición do edificio e formulario en liña para solicitar visitas en grupo.

Amigos do Museo Castro Viladonga
Web desta asociación, que contén información acerca do museo e dos xacementos prerromanos con ligazóns e noticias de interese. Contén tamén unha publicación electrónica: e-castrexo.

Museo e poboado galaico-romano do monte Tegra da Guarda
Analise de diferentes apartados (economía, sociedade, relixión...) relacionados coa cultura castrexa. Mostra algunhas das pezas do Museo do Tegra na Guarda. Itinerario para unha visita guiada. Actividades para alumnos que visiten o monte.

Museo Fenosa
Web do museo de arte contemporánea. Inclúe os seus fondos, catálogo de obras e autores, así como as últimas convocatorias de bolsas.

Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga
Museo castrexo de Castro de Rei (Lugo). Información sobre o xacemento, fondos (útiles de bronce, cerámica, moedas), programa de acción didáctica e tenda. Inclúe a publicación E-Castrexo.

Museo do Cuadrante
Casa natal de Valle-Inclán en Vilanova de Arousa. Descrición do museo e fotografías, horario de visita e biografía de Valle. Inclúe tamén a descrición doutras casas da familia Valle-Inclán.

A chocolataría
Obxectivos, actividades, filosofía e propostas artísticas deste espazo dedicado á arte contemporánea situado nunha antiga fábrica de chocolate de Compostela.

Museo do Humor de Fene
Visita virtual ao Museo do Humor de Fene para contemplar a obra dos principais humoristas galegos.

Museo de Pontevedra
Web non oficial, información facilitada polo Consello Galego de Museos. Inclúe datos dos seus fondos e do seu horario de visitas.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros