Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Arte e historia » Arte » Artistas
..................................................

90 recursos (1 a 20)

25+1 anos de Xaquín Marín
Mostra dos traballos humorísticos de Xaquín Marín, un dos desañadores gráficos máis importantes da Galicia do século XX.

Goguetoons
Páxina deste caricaturista do Grove na que amosa unha compilación dos seus traballos. A web fai especial mención á súa personaxe Floreano e inclúe varias animacións, así como ligazóns de interese.

Ralf Jung, escultor
Este escultor alemán, afincado en Vigo, amosa nesta páxina as súas obras. Traballos en pedra, madeira, ferro ou chumbo e a posibilidade de realizar pedidos por correo electrónico.

Manuel Ferrol
Web oficial do recoñecido fotógrafo Manuel Ferrol. Achega información sobre a súa vida e obra, así como unha galería de traballos entre os que salienta a súa serie sobre a emigración. Inclúe, asemade, un histórico de exposicións, reseñas e unha bibliografía.

Manuel Lema Otero
Páxina con información sobre a vida e as creacións de Manuel Lema Otero, pintor naïf natural de Borneiro, na Costa da Morte. Inclúe ligazóns para acceder á súa obra.

Manuel Facal
Páxina do recoñecido artista coruñés Manuel Facal, que traballa fundamentalmente as técnicas do gravado, a pintura ou o collage. Nela poden contemplarse algunhas das súas obras máis importantes.

Jorge Peteiro
Artista coruñés. Na súa web poden visualizarse algúns dos seus óleos. Traxectoria, exposicións e referencias da prensa.

Roberto González Fernández
Páxina deste importante artista monfortino, na que se mostran as súas obras e exposicións gráficas e escultóricas. Amosa a súa obra en proceso e unha sección de axenda.

Erias
Páxina do profesor e investigador betanceiro Alfredo Erias, na que amosa información sobre os seus traballos, debuxos, pinturas e gravados, que tamén permite mercar en liña.

Pictórica Galega
Empresa especializada na venda de obras dos principais artistas galegos. Conta con pinturas de Lodeiro e Laxeiro, entroutros. A web inclúe imaxes dalgunhas das obras.

Francisco Asorey
Pequena mostra da vida e da obra do escultor cambadés Francisco Asorey González.

Tomás Barros
Páxina dedicada ao artista galego Tomás Barros. Ademais de datos biográficos inclúe información da súa obra pictórica e literaria.

Laxeiro
Pequena mostra da obra deste pintor de Lalín. A páxina inclúe ademais datos sobre a súa biografía.

Urbano Lugrís
Páxina sobre o pintor Urbano Lugrís, con datos sobre a súa vida e obra, así como reproduccións dalgunha das súas obras. Ademais a web plantexa a súa relación coa Costa da Morte.

Plásticos
Revista centrada nos artistas da Ría de Arousa, con catálogo das súas obras, entrevistas e outras informacións.

Óscar Villán
Escolma de imaxes do ilustrador Óscar Vilán: carteis, ilustracións de contos, revistas... Inclúe bibliografía e contacto.

Homenaxe a Man
Homenaxe ao alemán Man, falecido en decembro de 2002, quen creara o museo existente á beira do peirao de Camelle. A páxina inclúe mostras da súa obra e información sobre as actividades destinadas a que esta non desapareza.

Elena Nieto
Web desta artista na que se poden observar algunhas das súas obras, como pinturas ou gravados. Tamén achega datos biográficos.

A pintura de Mary Carmen Calviño Iglesias
Exposición e venda de obras da pintora Mary Carmen Calviño Iglesias. Tamén se fai unha semblanza desta artista coruñesa.

Nito Davila
Páxina do pintor e escultor Nito Davila, con información das exposicións realizadas, revista de prensa e unha galería na que amosa as súas obras.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros