Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Arte e historia » Historia
..................................................

84 recursos (21 a 40)

Guerra da Independencia española, 1808-1814
Páxina que achega abondosa información sobre este periodo histórico. Entroutros contidos compila efemérides, bibliografías, mapas e ligazóns relacionadas.

Os Celtas. Reseña histórica
Contido histórico e mítico sobre a civilización celta. A web inclúe numerosas ligazóns de interese.

Guerra da independencia
Toda a guerra da Independencia española atópase resumida nesta páxina de investigación realizada en Santiago. Ten desde mapas e artigos ata bibliografía e outra información histórica.

Memoria da Galiza
Productora cultural que edita libros, organiza exposicións e roda documentais e curtametraxes inspirados en Castelao, Neira Vilas, Alexandre Bóveda, Pepe Velo e outros ilustres galeguistas.

Onbucs
Historia do libro antigo na provincia de Ourense, elaborada por Alfonso Prada Allo. Bibliografía e textos sobre as imprentas de Monterrei, os libros de Juan de Porras, as constitucións sinodais, Juan María Pazos e os inicios da imprenta contemporánea. Tamén inclúe ligazóns relacionadas con este tema e máis con música e modelismo.

Batalla de Elviña
Análise militar da batalla de Elviña, a cargo do coronel de artillería José Navas. A misión de Moore, o terreo, as forzas e cronoloxía.

Galeguismo en Redondela
Historia do Partido Galeguista en Redondela durante a II República.

Día da Patria
Suplemento conmemorativo do 25 de xullo. Editado en 1996, con referencias ao contido histórico da celebración, incluindo varias proclamas e discursos entre os anos 1920 e 1948.

Cousas
O que aconteceu en Galicia, no mundo e na internet. Así o contou Vieiros ano a ano. Escolma dos anos 1997, 1998 e 1999.

Marouciño
Fotografías comentadas de vestixios prehistóricos, sobre todo arte rupestre, atopados en Santa María de Oia.

Historia Antiga
A prehistoria, as culturas megalíticas, Exipto, Grecia, a civilización micénica, o imperio romano e a época samurai xaponesa, entre outra moita información.

Paisaxes da guerrilla galega
Información sobre as actividades das principais partidas de guerrilleiros e sobre os seus líderes, entre eles Foucellas, Neira, O Piloto, Coronel Benito e Líster.

Alberguería
Web persoal dedicada a esta vila ourensá asolagada en 1958 polo encoro de Prada. Mapas, fotos antigas e todo tipo de información relacionada coa expropiación das terras e a desaparición 'legal' desta aldea.

Dolmen de Dombate
Web do centro de interpretación do dolmen de Dombate, que está en construción. Permite ver o estado das obras e achega algunha información xenérica sobre o monumento e o megalitismo, así como unha unidade didáctica.

O Tercio de Galegos
Texto histórico da revista Sitio al margen, que recolle a historia do Tercio de Galegos na Arxentina. Contén información do rexurdimento desta división militar, así como imaxes dos heroes.

Manuel Fraga
Biografía crítica de Manuel Fraga, dende a súa etapa franquista ata o actual cargo na Presidencia da Xunta.

Xavier Castro
Páxina persoal deste catedrático de E.U. de Historia Contemporánea da USC. Inclúe biografía e datos persoais, curriculum, publicacións e ligazóns académicas e de Historia.

As mulleres na Ciencia: unha historia de invisibilidade, atrancos e desconsideración
Traballo de Mari A. Lires e Marta Comesaña, do Departamento de Enxeñería química da Universidade de Vigo, publicado en xuño do 2000 no Boletín das Ciencias que edita a Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia ( Enciga). Está en formato pdf.

Carlos Barros
Web persoal deste profesor titular de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Publica o seu curriculum e as súas obras (pódese acceder aos traballos completos).

Franco e o franquismo na rede
25 anos logo da morte do dictador. Biografías, artigos, bibliografía e documentos varios. Poden visitar tamén o que foi o concurso sobre o traslado da estatua de Franco.

Anteriores (1 a 20)Seguintes (41 a 60)

 







 ENVIAR

© Vieiros