Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Ciencia » Ciencias da natureza » Bioloxía
..................................................

36 recursos (1 a 20)

O sitio do vento
Páxina do Taller Renovart con información sobre a enerxía eólica en Galicia. Datos sobre o vento, o seu uso histórico e os aspectos medioambientais. Inclúe un foro e chat.

Centro de Investigacións Mariñas
Desenvolvemento de investigacións encamiñadas a conseguir unha xestión racional dos recursos mariños renovables. A actividade científica distribúese nas áreas de patoloxía, procesos oceanográficos e costeiros, e recursos mariños. Dan conta na web de artigos e publicacións científicas así como de proxectos e actividades.

Centro de investigacións submariñas (CIS)
Consultora que opera nos campos dos estudios e proxectos de bioloxía e ecoloxía mariña. Conta cunha escola de mergullo e cunha tenda virtual.

Os cefalópodos en Europa
Páxina do departamento de zooloxía da Universidade de Aberdeen que contén información do mundo dos cefalópodos en Europa; en colaboración co Centro de Investigacións Mariñas e coa Universidade de Vigo. Contén ligazóns a outras páxinas.

Cetrero
Portal de cetreiros galegos, que inclúe toda a información sobre o mundo das aves rapaces, con galerías fotográficas, relatos, veterinaria e datos das diferentes lexislacións.

Andoa
Sitio de Cangas para o encontro dos aficionados á micoloxía, no que podes atopar moita información sobre os fungos e cogomelos; receitas, recollida no campo ou unha sección de imaxes.

Vacaloura
Completa web persoal de Javier Blanco dedicada aos insectos. Contén recursos sobre bolboretas, escarabellos e a entomoloxía en xeral.

A vida nos ríos galegos
Páxina persoal onde se recolle numerosa información e imaxes sobre os ríos galegos, así como abondosas ligazóns a páxinas de ecoloxía e medio ambiente.

A Foz
Web sobre o esteiro do río Miñor realizada polos alumnos do IES Val Miñor de Nigrán. Información sobre as Zonas húmidas, a vexetación e os paxaros.

Acquarium Galicia
Acuario situado na localidade pontevedresa do Grove. A través da web pódese facer unha visita virtual das instalacións, consultar a guía de especies ou ver unha galería fotográfica. Tamén se explica como chegar ata alí, entre outra información sobre o centro.

Ahimsa Campos - Arceiz
Web persoal deste investigador e biólogo vigués, que estuda os elefantes asiáticos na Universidade de Toquio. Inclúe os seus datos curriculares e biográficos, así como os seus traballos sobre paquidermos.

Salbia
Empresa consultora de seguridade e hixiene alimentaria. Descrición dos servizos da empresa, os datos de contacto e a posibilidade de enviar mensaxes.

Voz Natura
Proxecto educativo sobre a natureza galega promovido por La Voz de Galicia. Inclúe os traballos realizados dende o ano 1998 ata a actualidade.

Centro Oceanográfico de Vigo
Páxina deste centro de investigación oceanográfica dependente do Instituto Español de Oceanografía. Inclúe información dos seus proxectos e dos barcos dos que dispoñen.

Rochas de Galicia
Páxina que presenta un percorrido pola xeoloxía galega a través de fotografías de rochas e mapas xeolóxicos. A web está estructurada por zonas xeográficas.

Sección de Fitopatoloxía do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán
Grupo de investigación dependente da Consellería de Medio Ambiente. Proxectos, informes fitosanitarios, patóxenos e biofísica, entre outros datos.

Colectivo ornitolóxico Sterna
Páxina deste grupo de afeccionados ás aves que inclúe datos da asociación, fotografías, novas e curiosidades sobre o mundo dos paxaros.

Supervivintes en Ourense
Páxina na que se informa sobre situación actual do patrimonio natural ourensán. Ademais, fai unha descrición dalgunhas das especies animais, plantas e do espacio natural.

O leite e os seus derivados
Web persoal con información básica sobre as xeneralidades do leite, o seu interese alimenticio e os seus derivados máis coñecidos: o iogur, o queixo... Inclúe un vocabulario técnico.

Flora e fauna da comarca da Fonsagrada
Listaxe de anfibios, árbores, arbustos, aves, mamíferos e peixes presentes nesta comarca luguesa. Inclúe algunhas fotos, vídeos e sons.

Seguintes (21 a 36)

 







 ENVIAR

© Vieiros