Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Lingua » Iniciativas e asociacións
..................................................

70 recursos (21 a 40)

Letras 2001
O ano de Eladio Rodríguez. Coincidindo co recordo da vida e a escrita deste funcionario municipal metido a garda palabras, argallamos cos lectores e en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación, un diccionario de preferencias e ausencias.

Pontevedra 2002. Ano Sarmiento
Mil Primaveras. Por un futuro de árbores e palabras. Manifesto escrito por Xosé Vázquez Pintor, no que se procura o compromiso activo de persoas e entidades para garantir o pleno desenvolvemento e o futuro do idioma e da cultura galega.

VI Congreso Internacional de Estudios Galegos
Presentación de temario e comunicacións deste evento que se celebrará en Barcelona do 28 ó 31 de maio do 2003. O Congreso propón dúas temáticas xerais: 'Mulleres en Galicia' e 'Galicia e os outros pobos da Península'.

Día das Letras Galegas 2004
‘Das palabras e das cousas’, adicado a Xaquín Lorenzo 'Xocas', inclúe fotobiografía do homenaxeado, artigos sobre o seu labor e o escáner ‘Que queda da Galiza de Xocas?’. Ao tempo, creamos o primeiro dicionario galego de sms, promovemos un concurso de epitafios por móbil e agasallamos con varios fondos de pantalla e postais conmemorativas.

Plan de Política Lingüística da Universidade de Vigo
Web para o debate e redacción dun Plan de Normalización Lingüística para esta universidade. Recolle diversas ferramentas de participación, os integrantes da comisión redactora e diversos documentos e propostas.

CTNL
A Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística recolle na súa web a súa actividade e estructura.

Ciberirmandades da Fala
Grupo que reivindica o uso da lingua galega na Rede e organiza campañas a prol do uso do galego no sector empresarial.

Om Plural
Organización catalana que organiza campañas a prol do multilingüismo no estado español.

Correlingua 2001
Iniciativa desenvolvida polas Coordinadoras Comarcais de Normalización Lingüística de Vigo e do Condado para fomentar o emprego do galego nos centros de ensino.

Mesa prá defensa del galego de Asturias
Organización sen ánimo de lucro que defende a lingua galega falada nos 18 concellos máis occidentais do Principado de Asturias. Historia e publicacións.

Asociación cultural Alén do Val
Asociación formada por un grupo de amigos que se coñeceu na Escola de Maxisterio de Pontevedra no ano 1992 e que realizou un traballo conxunto sobre a fala galega do Val do Río Ellas, en Cáceres. Na web publican o estudio, e outros contidos de historia, antropoloxía e filoloxía.

Sarmiento 2002
Manifesto pola celebración do Día das Letras en Vilafranca do Bierzo.

Canal Lusofonía
Canal de Vieiros con información relativa aos territorios lusófonos. Está xestionado pola rede de noticias en portugués PNN.

Movimento Defesa da Língua (MDL)
Movemento que defende a aproximación da lingua galega ás variantes do portugués. Noticias, actividades e campañas.

Avaliaxe
Sitio dedicado a analizar o uso do galego nas webs das empresas de Galicia. Contén un directorio de negocios clasificados por sectores e os usuarios deixan os seus comentarios sobre cada web.

Galiza Ceibe
Páxina desta asociación que reivindica a independencia de Galicia e a defensa da nosa lingua. Contén ligazóns de interese.

Galiza Unida
Web con información sobre os territorios de fala galega que se atopan fóra dos límites da Galicia autonómica: Portelas, Franxa Eo-Navia, os Ancares e os vales galegos de Estremadura. Artigos, documentos, fotos, lista de correo e ligazóns.

Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos
Texto íntegro do documento asinado en xuño de 1996 por institucións e organizacións non gubernamentais.

Movimento Defesa da Língua (MDL)
Antiga web desta asociación que reivindica o reintegracionismo e o monolingüismo social. Actividades, documentos e gramática galego-portuguesa.

Lusografia
Información sobre a lingua portuguesa e as culturas lusófonas. Contén noticias da lingua, artigos de opinión e un espacio dedicado á Asociación de Amizade Galiza-Portugal.

Anteriores (1 a 20)Seguintes (41 a 60)

 







 ENVIAR

© Vieiros