Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Lingua » Biblioteca e lingüística
..................................................

26 recursos (1 a 20)

Seminario de lingüística informática
Grupo de investigación da Universidade de Vigo que estudia as aplicacións lingüísticas da informática. Contén un vocabulario de termos informáticos, un glosario de Internet e un estudio do galego na rede, entre outros recursos. Ofrece programas de libre distribución (traductores) e ligazóns.

Mercator
Rede de investigación e servicios de informacioó sobre as linguas rexionais e minoritarias da Unión Europea.

Asociación Bibliotecaria Galega
Asociación que ten por obxectivo a difusión universal da cultura galega. A súa web conta cun completo directorio de bibliotecas e centros culturais, librerías e editoriais. Ademais informa das súas actividades e campañas.

Arquivo sonoro de Galicia
Proxecto do Consello da Cultura Galega para a investigación, recuperación, conservación e difusión do patrimonio sonoro galego. Poden escoitarse arquivos de audio de sons (chuvia, o chirrío do carro), lingua e música.

Koiné
Información sobre este equipo de investigación sobre lingüística que ten a súa sede na facultade de filoloxía da Universidade de Santiago. Membros, actividades e liñas de traballo.

Seminario de sociolingüística
Grupo de investigación das áreas de Filoloxía Galega e de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo. Artigos e proxectos de investigación.

Galiza e Europa
Información sobre as linguas de Europa (as oficiais, as de Rusia, as mortas...), sobre a Galicia irredenta (As Portelas, Eo-Navia, O Bierzo)e fonoloxía e morfosintaxe do galego, entre outros datos.

O galego no mundo
Páxina sobre a lingua galego-portuguesa. Entroutros contidos, achega apuntamentos de ortografía e unha guía de lectura.

Ligazóns de planificación lingüística
Ligazóns sobre planificación e política ligüística (sitios web, traballos en liña, bibliografía, revistas, etc.) dende a páxina do profesor da Universidade de Vigo Anxo Lorenzo.

Dúbidas lingüísticas
Blog destinado a esclarecer as dúbidas lingüísticas máis frecuentes, servindo de axuda para a mellora competencial do galego.

Fala Fronteiriza
Informe de D. Antonio Viudas Camarasa, da Real Academia de Extremadura, sobre a fala na fronteira de Cáceres con Portugal. Algúns lingüistas consideran que esta variante lingüística é galego.

Percorrido pola diversidade lingüística das terras de España
Estudio do profesor da Universidade de Barcelona, José Enrique Gargallo Gil, dirixido aos que se dedican ao ensino ou aprendizaxe do español como lingua estranxeira. O documento, no que tamén se fala do galego, contén diversos mapas lingüísticos.

Carta de Beatriz da Serra a Diego Sarmiento de Acuña
Carta escrita no galego de 1603, dirixida ao Conde de Gondomar, dada a coñecer por Lois Tobío.

Corpus de referencia do galego actual
Colección de textos de diversa procedencia (libros, xornais...), representativos do uso lingüístico do galego actual. Proxecto vencellado á Universidade de Santiago. Precísase contrasinal para acceder a todos os contidos.

O galego en liña
Espazo de asesoramento lingüístico desenvolvido pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Inclúe información sobre ortografía, gramática e estilo da lingua galega, que se actualiza periodicamente.

O noso curruncho
Rolda de correo pública que xira arredor da historia de Galicia e da situación sociolingüística da lingua galega.

Versão Original
Arquivo de materiais, sobretudo xornalísticos, en formato PDF, sobre a lingua e o debate linguístico na Galiza. Recollidos de todas as épocas e en calquera idioma. A escolma é actualizada por Celso Álvarez Cáccamo, profesor da Universidade da Coruña.

Romania Minor
Información sobre gramática e situacións sociolingüísticas de linguas románicas minorizadas con atención ao galego estándar e ao galego da franxa Eo-Navia.

Linguas do mundo
Web persoal dedicada ás linguas do mundo non oficiais. Inclúe información sobre o abanion, o acán, o crou, o aari e o abaza, entre outros idiomas.

As falas de Xálima e a súa relación coa lingua galega
Artigo de Francisco Fernández Rei, no que explica a súa descoberta dos tres lugaris do val de Xálima nos que se fala galego.

Seguintes (21 a 26)

 







 ENVIAR

© Vieiros