Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Educación » Proxectos educativos
..................................................

43 recursos (1 a 20)

A Ponte
Proxecto de demostración sobre o impacto das novas Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) no ensino. Problemática específica de Galicia-Norte de Portugal debido ó seu carácter rural.

Cooperativa educacional Terra de Trasancos
Cooperativa que pretende desenvolver unha actividade empresarial-solidaria dentro do IES Terra de Trasancos de Narón.

Seminario galego de educación para a paz
Páxina do Seminario galego de educación para a paz, con información das súas actividades e publicacións.

Impacto ambiental do turismo no Parque de Carreirón
Traballo realizado no IES de Vilanova de Arousa galardoado co primeiro premio dentro do Proxecto Voz Natura.

Socialia
Comunidade solidaria virtual promovida pola Obra Social de Caixa Galicia coa finalidade de aproveitar as oportunidades que brindan as Novas Tecnoloxías da Información para potenciar o traballo das ONLs de acción social.

Catavento
Proxecto de educación medioambiental. Xogos, actividades e chat.

A aposta
Web dun proxecto de educación ambiental sobre o camblio climático. A Aposta está pensada especialmente para a mocidade e centros de ensino, e consiste nun reto colectivo para conseguir reducir a emisión de CO2 por parte dos rapaces.

Rede Iris
Rede que interconecta os recursos informáticos e os centros de investigación en España. Dende o 94 está xestionada polo CSIC.

O mexillón
Información sobre o mexillón elaborada polos alumnos do CEIP do Hío dentro do programa Sócrates-Comenius. Abrangue dende o seu hábitat e anatomía ata a súa comercialización.

Aprender a convivir
Programa educativo do Concello de Vigo, en colaboración coa asociación Educadores pola Paz-Nova Escola Galega. Descrición, obxectivos, destinatarios, materiais de apoio e centros asociados.

Aula Galega
Portal galego de educación. Actualidade no eido educativo, punto de encontro para a comunidade de pais e mestres, foro de opinión e debate, materiais e recursos pedagóxicos, propostas e intercambios de información, directorio de escolas e outros recursos de interese.

Educa Compostela
Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago. Campañas: dinamización á lectura, educación para a saúde... asociacionismo xuvenil, voluntariado, programas europeos e outros contidos dirixidos á mocidade.

Proxecto Témporas
Sitio que ten por obxectivo a creación dunha rede de observación fenolóxica vía internet nos centros de ensino de primaria e secundaria. Inclúe recursos relacionados cos fenómenos do clima e sobre a flora e fauna de Galicia.

Letras Galegas 1998
Traballos realizados polos alumnos do IES As Lagoas co gallo do Día das letras galegas do 98. Inclúe apuntamentos sobre poesía medieval.

Volta é escola 99
Información e entrevistas neste especial de Vieiros sobre a volta á escola do 99, abordado dende diferentes eidos.

Bioxeo
Proxecto para investigar as posibilidades que internet ofrece no ensino e na aprendizaxe da Bioloxía e a Xeoloxía.

Cinensino
Programa dirixido aos centros de ensino para previr o consumo de drogas entre os mozos. Trátase dun proxecto financiado pola Xunta, enmarcado na materia 'Educación para a saúde', que utiliza o cinema para acadar os seus obxectivos.

Colexio San Narciso de Marín
Departamento de Orientación de Secundaria e Primaria desta escola. Agrupa numerosos recursos útiles para orientadores, titores, profesores, pais e alumnos. Guía de estudios e carreiras. Acción titorial. Atención á diversidade. Tópicos educativos.

Cucunene
Proxecto didáctico para cativos. Movendo o rato poden descubrir animais e sons vencellados a estes. A web está traducida a todas as linguas do Estado.

Estratexia Galega de Educación Ambiental
Breve semblanza histórica, estado da cuestión na actualidade, experiencias e programas, lexislación aplicable, obxectivos e recomendacións para accións e programas concretos.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros