Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Negocios » Comercio electrónico
..................................................

44 recursos (1 a 20)

Armería Álvarez
Tenda en liña desta empresa coruñesa na que se pode obter información sobre a armería e mercar os seus productos de caza, equitación, esquí, náutica, submarinismo ou golf.

Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia
Información útil e servicios para as empresas galegas interesadas en comercio electrónico e novas tecnoloxías.

Bricolink
Sección de comercio electrónico desta ferraxería de Valdoviño, desde a que se poden mercar ferramentas e accesorios para o bricolaxe. Ademais dispón dunha sección de consellos e trucos.

Pazo Galego
Tenda virtual posta en marcha polo Parque Tecnolóxico de Galicia, e na que se presentan diferentes productos galegos, desde alimentación ou bebidas ata artesanía.

Artega
Tenda virtual de artesanía e productos alimentarios nos camiños de Santiago. Conta cun catálogo no que figuran artigos como embutidos, queixos, mel, olería ou encaixe.

Discos bits
Tenda de discos galegos que permite realizar pedidos en liña. Inclúe todas as novidades discográficas. A web conta con numerosas ligazóns relacionadas e información de concertos.

Dous pasos
Tenda cultural galega en liña: arte, tendencias e ocio. Conta coas seguintes categorías de produtos: banda deseñada, camisetas, DVD, fanzines, literatura e música, entre outras.

Libro Total
Tenda virtual de libros electrónicos para nenos. Desde Vigo, dispón dun catálogo de papelería e librería que inclúe xogos, pasatempos e debuxos.

Galimarket
Plataforma de comercio electrónico que abranxe diversas empresas galegas. Pódense atopar datos sobre productos galegos, as compañías, informes comerciais e un boletín de noticias.

A tenda do vento
Curiosa tenda electrónica que vende produtos relacionados co sector eólico, dende trebellos tecnolóxicos a papaventos pasando por roupa deportiva.

A Tenda Celta
Tenda en liña de produtos de procedencia celta, como música, cerámica, instrumentos ou libros adicados a esta cultura do noso pasado.

A galería de Caixa Galicia
Galería que permite adquirir a través de internet todo tipo de productos, con ventaxas para os clientes de Caixa Galicia.

Trebellos
Tenda galega de venda en liña que presenta o seu catálogo de productos téxtiles e de todo tipo de agasallos relacionados cos debuxos animados e os bonecos de Barrio Sésamo ou Disney.

Made in Galicia
Servicios orientados ao comercio electrónico B2B que pretende asociar a comerciantes galegos en nove comunidades de negocio a través de internet. Inclúe tamén foros de debate para as empresas.

Mercado de abastos de Santiago
Web oficial da praza de abastos, con información sobre as súas tendas e postos e fotos das instalacións. Pódense facer pedidos en liña e recibir os productos a domicilio, ata unha distancia de 20 quilómetros.

Mundonavegación
Tenda de venda en liña de produtos vencellados á navegación, dende os máis clásicos ata as novas tecnoloxías. Categorías de produtos e marcas. Inclúe filosofía da empresa, modalidades de compra e novas.

Compra Wifi
Tenda en liña dedicada á venda de materiais relacionados coas redes e sistemas wireless, wifi, wimax, ou voip, entre outros. Realizan envíos a domicilio nun prazo de 48 horas.

Tenda Panxea
Venda de productos sen fin lucrativo da Asociación Solidaria para o Comercio Xusto, Panxea.

AGalicia.com
Unión de profesionais do turismo que promocionan a través da web hoteis, apartamentos de alquiler, excursións, balnearios e casas de turismo rural. Mantén un servicio de reservas en liña e e unha tenda virtual na que se pode mercar marisco e viños galegos.

Virtualei
Boletín de noticias sobre aspectos xurídicos do comercio electrónico. Xestionado polo despacho de avogados Pintos & Salgado.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros