Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Colectivos » Asociacións ecoloxistas
..................................................

50 recursos (21 a 40)

Verduxo
Sociedade protectora de animais e prantas. Defensa do medio ambiente. Lexislación de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Comité contra a planta de gas
Grupo cidadán organizado para a defensa da ría de Ferrol e a modificación do actual proxecto de regasificadora. Inclúe actualidade, documentos e posibilidade de enviarlle protestas aos representantes políticos.

Parque Rosalía
Plataforma para a defensa do Parque Rosalía de Castro e en contra da construción seis bloques de vivendas no seu contorno. Recollida de sinaturas, campaña BIC e información das actuacións pasadas e futuras.

Colectivo Remonte
Este colectivo ecolóxico orixinario de Padrón ten como obxectivos a recuperación e 'restauración' do monte galego para loitar contra as vagas de lume coa promoción do proxecto 'Apadriña unha árbore'.

Ourense Natural
Páxina persoal sobre ríos, pesca, ecoloxía con fotos e ligazóns interesantes.

CoastWatch-Galicia
Rede de voluntarios e voluntarias interesadas na observación, estudio e análise dos usos e abusos do espacio litoral europeo.

Sociedade Galega de Ornitoloxía
Adicada ó estudio científico e a conservación das aves silvestres e os seus hábitats. Axenda, grupos de traballo, publicacións, noticiario ornitolóxico, estudios mensuais, galerías fotográficas, datos de aves galegas e ligazóns.

Sociedade protectora de animais e plantas de Santiago
Web desta asociación privada de axuda e coidado de animais abandonados. Recolle información sobre a asociación, a súa relación co concello, como colaborar con eles e mesmo unha galería de imaxes dos cans que están dispoñíbeis para a súa acollida.

Plataforma en Defensa da Férveda de Entrecruces
Sitio web desta plataforma, indluído na web de ADEGA, no que publican o seu manifesto e o por que da súa oposición á construción dunha minicentral no río Outón.

Lume nunca máis
Web da manifestación do 1 de outubro de 2005 en Ourense, contra os incendios forestais e por unha nova política de montes. Información sobre a convocatoria, material de descarga, datos básicos...

Grupo Erva
Asociación ecoloxista de Vigo que tenta mellorar aspectos da bioloxía da zona. Ligazóns, campañas do grupo e proostas.

Adega Vigo
Delegación viguesa da asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Estatutos e actividades da asociación, campañas e lexislación, entre outros datos.

Plataforma anti vía rápida do Morrazo
Páxina do movemento cidadán contra o proxecto de vía rápida para O Morrazo. Argumentos, características e reivindicacións da plataforma.

Amigos da terra
ONG que loita pola defensa do medio ambiente. Traballa nos eidos de cambio climático e pola defensa do monte. Información das súas actividades e novas de intereses.

Anabam
Asociación Naturalista Baixo Miño. Da súa actividade xurdiron o Museo do Mar ou a estación ornitolóxica da Guarda. Na web recollen información sobre a fauna local, sobre as súas campañas e sobre os espacios naturais da comarca.

Asemblea do Suído
Agrupación ecoloxísta da comarca da Paradanta. Obxectivos, descrición do contorno e seccións para novas e actividades da asociación.

Sociedade Galega de Historia Natural, Pontevedra
As campañas e historia da delegación na cidade do Lérez desta entidade para o estudio e a defensa do medio.

Plataforma Río Mero
Grupo en defensa deste río coruñés. Informe sobre o polémico proxecto de reforma do seu cauce, iniciativas políticas, búsqueda de apoios e manifesto en protesta.

Colectivo Ecoloxista do Salnés
Inclúe publicacións, actividades e posicionamentos acerca de actuacións que afectan á natureza.

Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol
Colectivo que pide outra ubicación para o proxecto de planta de gas de Reganosa. Información, fotografías e o seu manifesto.

Anteriores (1 a 20)Seguintes (41 a 50)

 







 ENVIAR

© Vieiros