Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Medios » Revistas » Culturais
..................................................

62 recursos (1 a 20)

Grial
Revista galega de cultura editada por Galaxia. Contén listado de artigos, entrevistas e crítica de libros dos números publicados.

Alem parte
Edición electrónica da revista do mesmo nome, feita en Chantada. Contén numerosos artigos sobre literatura e política, un poemario, información musical e unha galería fotográfica.

Huevo
Revista dixital elaborada polo colectivo Huevo de Ourense. Cómic, deseño, fotografía e poesía visual son algúns dos temas nos que se centra.

Gaceta de Galicia
Semanario de información de servicios coas novidades galegas en arte, música, cinema, teatro, libros, reportaxes sobre sociedade e roteiros turísticos, entrevistas e axenda. Web mantida pola facultade de Xornalismo.

La Ganzúa
E-zine de música independente con actualización frecuente de noticias, entrevistas, mp3, enquisas... Ten o seu programa radiofónico equivalente na emisora compostelá Radio Obradoiro.

Cyberpunk
Reseñas de literatura, música e cine, artigos sobre tecnoloxía, estética cyber e calquera outra manifestación cultural alonxada dos criterios comerciais. Ten unha sección de descargas de software e algún mp3.

Bravú
Faro cibernético da cultura alternativa con novas, entrevistas e reportaxes do ámbito literario, musical e outras herbas.

Leña verde e xente nova
Interesante webzine cultural feito en Boiro. Inclúe contidos de cinema, música, fotografía, cultura popular, pintura...

Audiencia Zero
A distribuidora e produtora musical portuguesa Audiência Zero ten esta liña de traballo para favorecer os intercambios culturais entre Galiza e o norte de Portugal. A web recolle informacións dos concertos e das actividades da distribuidora.

Dardo Magazine
Revista internacional de cultura visual contemporánea feita en Compostela. A web informa da periodicidade da publicación, permite a subscrición en liña e achega o sumario de cada número e un pequeno resumo dos artigos de cada número. Versión en inglés, portugués e castelán.

Nova fantasía
Magazine electrónico adicado ó xénero fantástico. Novas, artigos e reportaxes, comentario de libros e cinema, colaboracións, cómic, relatos, lendas e enlaces. Todo o vencellado a fantasía, terror e ciencia ficción.

Iguana music
Revista musical trimestral. Reportaxes, comentario de discos, festivais e enlaces.

Andaina
Edición dixital da revista galega de pensamento feminista. Debates sobre feminismo, intercambio de experiencias, denuncias por discriminación, creación artística, reportaxes e entrevistas.

Çopyright
Boletín electrónico de pensamento, crítica e creación en galego-portugués. Poesía, ensaio, narrativa, recomendacións, poemas en real-audio.

andar21
Revista galega independente de poesía internacional.

Revista Voces
Publicación literaria con sede na Coruña. Promociona os autores noveles permitíndolles a publicación en liña e tamén ofrece a descarga de obras clásicas. Inclúe un calendario de certames literarios.

Onte e Hoxe
Publicación trimestral marxista dun grupo de militantes comunistas do BNG. Inclúe noticias sobre política galega e internacional e achegamentos á figura de Trotski.

Festa da palabra silenciada
Revista de cultura producida por feministas galegas e dirixida nunha época por María Xosé Queizán. Inclúe varios números da publicación.

Todas as Europas
Web de promoción da revista do mesmo nome, unha publicación bilingüe e de capital privado sobre aspectos europeos que se fai na Coruña. Pódese consultar parte dos contidos.

Vigometropolitano
Revista, con vocación de diario, da vida e xente da área metropolitana de Vigo. Presta especial atención ao eido cultural.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros