![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||||
![]() |
![]() |
||||||
![]() |
![]() |
||||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
![]()
Buscador » Medios » Prensa .................................................. 29 recursos (1 a 20) La Voz de Galicia Edición dixital. Seccións habituais da edición principal e de tódalas locais. Conta ademais cun chat, foro, tenda, arquivo, buscador, inmobiliaria, e canles especiais de fútbol, internet, solidaridade e ecoloxía, estilo e humor. El Correo Gallego Edición dixital do xornal compostelán. Seccións habituais de Galicia, España, Internacional, Santiago e a súa comarca, deportes, sociedade e cultura. Apartado especial de Ocio, guía da comunicación, hemeroteca e suplementos (universidade, lecer, internet e revista de letras). Diario de Pontevedra Edición dixital do diario da comarca pontevedresa. Tamén información bursátil, inmobiliaria, meteorolóxica, e situación das estradas. Versións Flash e Html. El Progreso Inclúense as principais novas acontecidas no día en Lugo e provincia. Sección especial para As Mariñas. Ademais conta cunha hemeroteca cos exemplares anteriores. La Opinión Xornal editado por Prensa Ibérica, que na súa versión dixital presenta a información da Coruña. Ademais, inclúe opinión e reportaxes sobre a cidade e o resto do país. A Nosa Terra Edición dixital deste semanario. Inclúe as informacións máis relevantes nas seccións de Galicia, Sociedade, Península e Mundo, o Editorial e a guía de lecer en formato Pdf. Colexio Profesional de Xornalistas Historia, estatutos, comisións, convocatorias, asesoría xurídica, cursos, bolsa de traballo, documentos, comunicados e ligazóns. Faro de Vigo Edición dixital con información de Vigo e comarca, Ourense, Pontevedra, Arousa, e O Morrazo. Inclúe web-cam e cartas ó director. La Región Internacional Edición internacional electrónica do coñececido xornal ourensán. Seccións habituais de información e ademais gastronomía, empleo, lexislación, chat, españois no mundo, centros e asociacións, foros de debate e encontro e direccións de utilidade para a comunidade exterior. Diario de Ferrol Información de Ferrol e a súa comarca. Axenda, carteleira, buzón do lector, hemeroteca e servicio de titulares por correo electrónico. Diario de Arousa Edición dixital deste diario con sede en Vilagarcía, propiedade do Grupo La Capital. Na súa web presentan noticias e reportaxes sobre a comarca e o resto do país. El Ideal Gallego Digital Edición dixital deste xornal coruñés. Ofrece a maioría de contidos habituais da versión impresa. Inclúe tamén un buscador, suxerencia de enlaces, hemeroteca e posibilidade de recibir titulares por correo. Diario do Bierzo Xornal comarcal do Bierzo, con seccións de noticias locais, deportes, economía e opinión. Inclúe servicios como o tempo e o tráfico. Fundación Santiago Rey Fernández Latorre Web desta fundación, que leva o nome do editor de La Voz de Galicia. Nela fálase do museo da prensa que ten este xornal, do proxecto Voz Natura, dos premios que levan o seu nome e doutras actividades da empresa mediática. Galicia Hoxe Edición dixital do xornal en galego editado polo Grupo Correo Gallego. Contén seccións de Galicia, campus, economía, deportes e política, entre outras. Inclúe hemeroteca e buscador. Asociación de Medios Escritos en Galego Web da Asociación de Medios en Galego, xurdida para coordinar a acción empresarial dos medios escritos de información xeral que se expresan na nosa lingua. Ofrece a posibilidade de asociarse en liña. Libro de Estilo do Correo Galego Conxunto de normas lingüísticas, de ortografía e estilo, textos e titulación, lexicografía, fotografía e infografía, e outros principios que rexen o funcionamento deste xornal. A Peneira Xornal quincenal de ámbito comarcal que cubre a actualidade de Ponteareas, O Condado e o Baixo Miño. Noticias, opinión, historia da publicación e contacto. Falcao do Minho Semanario de Galicia e do Norte de Portugal, en portugués. Inclúe seccións de deportes, saúde e opinión. La Nueva España. Edición Occidente Xornal asturiano que posúe edición de "Occidente", na que informa da actualidade da comarca do Eo-Navia.
| ![]() |
![]() |
![]() |
![]()
![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
© Vieiros |