Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Lecer » Xantar » Restaurantes
..................................................

100 recursos (1 a 20)

Grupo gastronómico Nove
Web deste grupo con información sobre os cociñeiros e os restaurantes que o integran. Aposta por unha cociña galega de hoxe.

Restaurante Rías de Galicia
Restaurante barcelonés especializado en cociña galega tradicional. Desde a mesma web accédese á marisquería catalana Marisqueiro Panduriño.

Restaurante Moscón
Restaurante O'Moscón, situado en Baiona, especializado na preparación de peixe e marisco ao estilo tradicional. A web permite consultar a súa carta e realizar reservas en liña.

Restaurante parrillada Antonio
Establecemento hostaleiro de Lugo que informa das súas instalacións e especialidades, como as carnes á grella ou os peixes á brasa. Dispoñen de amplos salóns para vodas, comunións e banquetes en xeral.

Restaurante Chimichurri
Restaurante arxentino en Lugo, que inclúe na súa páxina o seu menú e unha breve historia do establecemento. Ademais amosa imaxes do local e ten unha sección de receitas e outra sobre a cidade luguesa.

Grupo Ruta Jacobea
Grupo de establecementos que agrupa un hotel de tres estrelas e varios restaurantes. Ademais ofrecen servicios de cátering aéreo e de eventos.

Taberna A de Lino
Restaurante de Moaña, aloxado nas antigas instalacións dun quinteiro. Especialidades gastronómicas e contacto.

O dezaseis
Coñecido restaurante compostelán que practica unha cociña tradicional con lixeiros toques de renovación. Na web presenta a carta, unha ampla galería de imaxes, información de contacto e servizos e posibilidade de facer reservas.

Restaurante Vinoteca Rincón de Elias
Información deste negocio que conta localizacións en Laxe, Buño e Carballo. Servizos, prezos e cartas de comida e viño.

La Oca
Enderezo, detallada carta de prezos, equipo humano e fotografías deste restaurante, que tamén reparte a domicilio. Inclúe unha ampla listaxe de ligazóns relacionadas con Lugo e coa gastronomía. Avisan por e-mail dos cambios na carta.

A Casa do Arco
Casa de Turismo Rural en Laxe. Historia do edificio, descrición das instalacións e fotografías.

O Centolo
Restaurante fisterrán especializado en mariscos e peixe, que tamén xestiona paseos en barco para os clientes. Situación, imaxes e prezos.

Hotel Restaurante Sino
Web deste hotel e restaurante da zona vella compostelá, formado por novos profesionais. Permite a posibilidade de facer reservas en liña, consultar o seu elaborado menú, así como contemplar imaxes das súas instalacións.

Casa Ovidio
Restaurante coñecido como Martín Fierro dende a súa inauguración, no ano 1970, ata o ano 2000, no que foi renovado completamente. Especialidade en carne e peixe á brasa e cociña galega. A web permite realizar reservas en liña.

Restaurante Utopía
Web deste céntrico restaurante coruñés, onde explica as súas cartas de pratos, sobremesas e viños. Tamén achega contacto e mapa de localización.

Restaurante Allo e Aceite
Restaurante ubicado no concello de Marín que conta con Pablo Romero como cociñeiro. Galerías de imaxes dos pratos e estancias, carta e receitas.

Restaurante Abeiro
Restaurante situado nun antigo edificio do casco vello de Baiona. A web inclúe fotografías do local e permite consultar a súa carta.

Mesón Parrillada Arxentina
Restaurante fundado hai máis de 20 anos, que conta cunha variada carta. Ofrece comidas a domicilio en menos de 30 minutos. Na web poden consultarse as súas especialidades e servicios.

Restaurante As Maceiras
Web deste restaurante que conta con numerosos servicios e actividades. Entre elas o esquí, piragüismo, camiñadas, ou golf. Información da carta e do menú do día.

O retiro da costiña
Restaurante situado no concello de Santa Comba. A páxina ofrece información sobre a súa carta, situación e instalacións.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros