Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Lecer » Libros » Editoriais
..................................................

44 recursos (1 a 20)

Asociación galega de editores
Asociación creada en 1983 para apoiar como organización profesional a iniciativa empresarial da edición en lingua galega. Fichas das editoriais, obxectivos da asociación e historia e novidades deste sector económico.

Edicións Xerais de Galicia
A editorial galega privada de maior volume de negocio presenta nesta web as súas novidades editoriais e datos sobre boa parte dos autores que edita. Ademais, dedícalles un apartado especial aos dous premios literarios que organiza: o Premio Xerais e o Premio Merlín.

Kalandraka
Primeira editora galega de libros infantís, creada en 1998. Está especializada nos primeiros lectores, coidando a calidade estética e literaria das súas obras. A web informa das súas coleccións.

Editorial Galaxia
Web dunha das editoriais máis representativas de Galicia. Inclúe un catálogo de autores e títulos cos principais datos das obras editadas. Contén un servizo de novidades editoriais, novas relacionadas co labor editorial en Galicia e recomendacións literarias de diferentes persoeiros galegos.

Edicións Laiovento
Páxina desta editorial galega con información dos seu catálogo de libros e de autores.

Edicións do Cumio
Páxina desta editorial na que se pode atopar toda a información das novidades e noticias de Edicións do Cumio. Posibilidade de mercar a súa música, os seus libros e os seus productos multimedia en liña.

Alvarellos Editora
Editorial galega fundada en Lugo en 1977. A web amosa unha breve historia da editorial e do seu fundador. Dispón de catálogo e de sección de novidades.

Montealto edicións
Edición de CD's interactivos para os máis cativos, con fins pedagóxicas. As obran abordan materias como as matemáticas, a xeometría ou os seres vivos.

Ir Indo edicións
Todas as obras catalogadas tematicamente e por coleccións, con adicación especial á Enciclopedia Galega Universal. Tén unha tenda virtual.

Baía Edicións
Historia desta editora coruñesa, as súas coleccións e catálogo de publicacións, novidades e índices de autores e ilustradores.

Edicións Espontáneas
Nova editorial dedicada á publicación de arquitectura feita en Galiza. Publicacións, compra en liña e contacto.

Oqo
Web desta editora, enfocada fundamentalmente á produción de literatura infantil e xuvenil. Descrición e ilustracións do seu catálogo, así como datos de contacto e xenéricos da empresa.

Rinoceronte
Web de Rinoceronte Editora, especializada na publicación de obras traducidas ao galego. Permite consultar o seu catálogo e dispón de tenda en liña. Os seus libros poden ademais descargarse de xeito gratuíto.

Hércules de Ediciones
Páxina desta editorial galega na que se inclúen seccións de antropoloxía, historia, arte, cartografía e arquitectura, xunto ás novidades de interese no mundo editorial.

Editorial Toxosoutos
Editorial con sé en Noia especializada en historia de Galicia, biografías e literatura galega en xeral. Catálogo de obras, novidades e formulario para facer pedidos en liña.

Edicións Positivas
Web desta editorial, que integra todo o seu fondo editorial, información sobre a súa revista de tendencias Animal e a posibilidade de facer pedimentos a través de formulario.

Ideaspropias Editorial
Editorial especializada en materiais didácticos en diferentes soportes: papel, e-learning, multimedia, etc. Información da empresa e catálogo de produtos.

Sotelo Blanco edicións
Editorial compostelá que presenta na rede o seu ideario e o seu catálogo de obras de narrativa, poesía, teatro, ensaio e diverso material didáctico.

Edicións Positivas
Editorial con sede en Santiago, especializada en literatura alternativa galega e novos valores. Fondo editorial, novidades, autores e contacto.

Nova Galicia
Editorial de libros de arte, con sede en Vigo. Ten unha colección denominada Artistas Galegos e inclúe na web mostras de arquitectura, escultura e pintura dos principais creadores de Galicia.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros