Vieiros Buscador
 BUSCADOR
 Artesanía
 Negocios
 Goberno
 Lecer
 País
 Medios
 Rede e informática
 Colectivos
 Deportes
 Educación
 Lingua
 Ciencia
 Emigración
 Arte e historia
 Persoais
 NOVIDADES
 DOSSIERS
 TOP100


Buscador
     
Nesta categoría  En todo Vieiros

Buscador » Lecer » Música » Folc e tradicional
..................................................

141 recursos (1 a 20)

Luar na Lubre
Información sobre este grupo de música e as súas creacións, algunhas delas poden ser escoitadas dende a web. Galería de fotos, novas, próximos concertos, discografía completa e historia do grupo.

Susana Seivane
Web dedicada á gaiteira da familia de artesáns Seivane. Biografía, discografía, retratos, partituras, información de contacto para contratacións e incluso unha tenda para a compra de merchandising e discos.

Milladoiro
Web oficial do grupo máis emblemático da música galega. A páxina inclúe unha tenda virtual e o Clube Milladoiro.

Real Banda de Gaitas de Ourense
Páxina oficial da Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense. Informa, entroutros contidos, da súa historia, publicacións ou actos programados.

Fía na Roca
Páxina deste grupo folk con información sobre a súa historia e discografía. A web conta ademais con fotos e cun calendario de concertos.

Xosé Manuel Budiño
Páxina sobre este gaiteiro de Moaña, que inclúe a súa traxectoria e biografía, así como novas sobre os seus últimos traballos. Ademais a web conta cun calendario de concertos.

Camaxe
Web deste grupo de música tradicional galega con información sobre o seu último disco, os concertos, etc.

Fuxan Os Ventos
Páxina web dun dos grupos máis emblemáticos da canción galega. Inclúe información da súa traxectoria e discografía, así como dos seus compoñentes. Ademais permite descargar varios dos seus temas en MP3.

Grupo Nosa Terra
Web deste grupo folclórico de Pereiras creado no ano 81, na que ofrecen información sobre a súa historia, actividades e proxectos.

Grupo de bailes e gaitas Vila do Orcellón
Páxina desta agrupación, na que se inclúen datos sobre a súa historia e as actividades que realiza. Ademais conta cun apartado dedicado ao Carballiño. Ofrece a posibilidade de concertar contratacións dende a web.

Avalon Folc
Páxina oficial deste grupo folc vigués, na que se pode atopar información sobre o grupo, as súas cancións e os concertos que teñen programados.

Doa
Grupo musical que ten colaborado na banda sonora do Bosque Animado. A web achega información sobre a súa historia e discografía.

Leilía
Grupo de pandereteiras de Santiago, un dos máis veteranos do panorama. Discografía, axenda de concertos, tenda para mercar álbumes e merchandising, descargas, ligazóns e contacto.

Xosé Manuel Budiño
Páxina oficial do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, na que se ofrece información sobre o seu último disco, Zume de Terra.

Agrupación de Danzas Populares Castro Floxo
Primeira agrupación de baile tradicional na rede. A web inclúe información das súas actuacións e datos etnográficos, entroutros contidos.

Ghastas pista?
Completa web dedicada á música tradicional galega. Entroutros contidos achega información sobre grupos e instrumentos, ademais dunha serie de ligazóns de interese.

Xeito Novo
Web deste grupo arxentino de folk con raíces galegas, que inclúe información sobre a súa discografía e actuacións. A páxina conta cunha sección dedicada á cultura celta.

Mercedes Peón
Páxina oficial desta cantante galega. Inclúe a súa biografía, así como información e críticas dos seus últimos traballos.

Tubata
Grupo musical composto por catro tubistas e dous percusionistas, que mesturan nos seus temas ritmo, humor e imaxinación. Ademais do seu repertorio, contén fotos do grupo e un historial de actuacións.

Fiandola
Grupo de música galega que basea o seu repertorio nas pezas tradicionais e de nova composición. A web permite escoitar algúns dos seus temas.

Seguintes (21 a 40)

 







 ENVIAR

© Vieiros