A formación representou o 0,12% dos votos en 2005.
Intentando fuxir do fragmentalismo case endémico dentro do independentismo galego, Nós- Unidade Popular constituíase en 2001. A organización, nucleábase arredor de Primeira Linha e de organizacións soberanistas comarcais. Este partido comunista, nacido na década dos 90 no seo do BNG, buscaba crear unha fronte para a “esquerda independentista, revolucionaria e antipatriarcal”. Ademais doutras diferenzas, Nós-UP distanciábase claramente da outra gran organización independentista (FPG) na cuestión lingüística ao apostaren polo reintegracionismo.
Os sete anos de andaina consolidaron a formación independentista, aínda que, como no caso da FPG, cunha estrutura comarcal fébel e o apoio social moi escaso. No plano electoral, Nós-UP presentouse en 2005 ás eleccións ao Parlamento logrando a penas 1.749 votos (0,11%).
Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.