Ofrecemos os versos de Uxío Novoneyra nun recital poético, parte dun documento de grande valor histórico por conter imaxes até o de agora non divulgadas procedente do fondo documental da AS-PG. O poeta no seu hábitat: a palabra.
Tamén accedemos ao avance dun documental creativo sobre a figura de Uxío, “Canto de Permanencia”. E achegámonos á persoal e íntima reflexión da familia do poeta: Branca Novoneyra, a súa filla, quen reivindica a palabra xusta e completa, tal e como Uxío quería que chegase ao lector.
O autor recita unha peza da súa poesía máis comprometida. Recital poético de 1988, que pertence ao fondo documental da AS-PG.
Ideado e escrito por Eduardo Álvarez, Xoán Costa e Mª dos Anxos González Refoxo, realizado pola produtora Pixel Films e dirixido por Carlos Seijo, Mikel Fuentes e Jairo Iglesias, entre outros.
A bailarina, filla de Uxío Novoneyra, subliña o exemplo vital da figura do poeta e pide o achegamento á súa obra completa, sen reducionismos.
Méndez Ferrín glosou o mellor da nosa poesía nun libro de crítica literaria que leva por título 'De Pondal a Novoneyra'.
En Vieiros percorremos a órbita do autor d'Os Eidos, da man de seis creadores, buscando a pegada que deixou o poeta.
A poeta ourensán, afincada na comarca do Deza, resalta a importancia dun autor que considera fundamental dentro da historia da Literatura Galega.
Autor dunha biografía sobre Novoneyra, salienta a importancia d'Os Eidos e dos seus poemas caligráficos na historia da creación artística en Galiza.
O poeta e profesor Carlos Negro recoñece que ten unha especial querenza polos poemas de Novoneyra que teñen “voz colectiva”
O poeta e narrador vigués lembra como cando era estudante a súa xeración xa admiraba a Novoneyra como un clásico.
Tivo a sorte de coñecelo de perto, de cativa, e despois redescubriuno literariamente, destaca o papel do poeta na literatura galega do século XX.
A poeta recoñece que descubriu "tarde" a Novoneyra. Valora o marcado carácter persoal da súa obra como algo do que calquera autor se debería sentir orgulloso.
Xuntamos a seis poetas novos, seis voces en movemento, que tiraron da inspiración dos poetas máis vellos, da pegada lírica de Uxío Novoneyra, para iniciar
o seu propio camiño poético. Vizosas e innovadoras son as súas verbas cargadas de ilusión, desbordantes de revolucionarias imaxes, como corresponde coa súa mocidade.
De seguires o caminho do vede subindo por curantes / até os altos de fraíz podes contemplar a lagoa sacra...
Esquecer un soño supón perder o sentimento / ou mellor, /perder a vida. Se non hai soño, / non hai vida. Se hai soño, / hai vida...
prendo a luz /aínda / que / é / de / día / para confirmar / que a loura / segue no caldeiro / que a xanela /non transloce a rúa...
Aparto as ruínas e preséntome / como a escultura que se deixou morder de ferruxe...
Nacín vello de máis para gozar dos encantos lixeiros / ou para me rebelar pasando á acción...
Eidos retomados, xesteiras esguías, xabres nos cavorcos, stones íntimas, e as flores que agroman nas gangs, caureis espesos, morrisseys extraviados...
Vieiros agradece a colaboración da AS-PG, e de Xoán Costa como presidente, pola cesión para este Especial das Letras das imaxes nas que Uxío Novoneyra recita en propia voz un dos seus poemas. Agradecemos igualmente á produtora Pixel Films o permiso para reproducir o extracto do seu documental creativo Canto de Permanencia.
Os textos deste Especial foron elaborados pola Redacción de Vieiros. As montaxes audiovisuais son da autoría de Isabel G. Couso, tamén membro da Redacción.